O país dos soños (en ) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Francis Lawrence e escrito por David Guion e Michael Handelman. Baséase na tira cómica Little Nemo in Slumberland de Winsor McCay, e está protagonizado por Jason Momoa, Chris O'Dowd, Kyle Chandler, Weruche Opia e Marlow Barkley como Nemo. Conta a historia dunha nena que marcha vivir co seu tío logo de que o seu pai desaparecese no mar. A nena entra en Slumberland onde se fai amiga dun personaxe renegado que está involucrado nun complot para chegar ao Mar dos Pesadelos e conseguir unha perla especial que pode ter o poder de reunila co seu pai.

O país dos soños estreouse o 18 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta cunha versión subtitulada en galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.

Personaxes

Marlow Barkley como Nemo Abigail White works como dobre de Nemo Jason Momoa como Flip Chris O'Dowd como Philip Cameron Nicoll como Phillip de neno Kyle Chandler como Peter Antonio Rane Pastore como Peter de neno Weruche Opia como Axente Green India de Beaufort como Ms. Arya Yanna McIntosh como Carla Izaak Smith como canadense Michael Blake como contable Humberly González como Graciela Ava Cheung como Ho-Sook Leslie Adlam como Axente Brown Jamillah Ross como Axente Orange Tonya Cornelisse como Axente Red Katerina Taxia como Janice

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Francis Lawrence Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego