O Pazo de Fefiñáns é unha construción civil situada no barrio de Fefiñáns, en Cambados, na comarca do Salnés. Pecha polo sur e o leste a praza máis destacada desta vila, a praza de Fefiñáns. De aire clásico, integra un harmonioso conxunto coa súa arcada, torre da homenaxe e a veciña igrexa de San Bieito, ó norte.
Historia esquerda|200px|miniatura O nome provén do xenitivo dun posuidor xermánico, Fefilianis, de onde deriva tamén o nome da praza.
Foi construído no século XVI por Juan Sarmiento Valladares, conselleiro de Filipe II. Sufriu novos engadidos no século XVII, encargados polo primeiro vizconde de Fefiñáns, Gonzalo Valladares (1583-1659), que obtivo o Vizcondado no 1647. Sucedeuno Fernando (1616-1675), que a principios do século encargou a construción principal do Pazo. Máis tarde pasou á propiedade dos marqueses de Figueroa, caso de Benito Pardo de FigueroaDos documentales revelan el papel del heredero de Fefiñáns y de los condes de Maceda y San Román en los conflictos napoleónicos. Na fachada do poderoso edificio pódense ver os escudos das familias nobiliarias.
miniatura|Vista dende un patio interior. No verán do 2008 procedeuse a unha limpeza e recuperación integral do edificio, tras un acordo coa Consellería de Vivenda, que incluía a apertura ao público do pazo . En xuño de 2011, a Xunta de Galicia iniciou os trámites para declarar ao pazo Ben de Interese CulturalEl pazo de Fefiñáns entra en la categoría de monumentos de Interese Cultural (Faro de Vigo 25.06.2011)., dez anos despois de que o conxunto histórico de Cambados entrara nesa categoría. O proceso rematou en agosto de 2012, coa declaración do pazo como ben protexido.Decreto 189/2012, de 30 de agosto, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de monumento, o Pazo de Fefiñáns, no término municipal de Cambados (Pontevedra) (BOE nº 283, de 24 de novembro de 2012).
Adega Dende o 1904 está documentada a existencia da súa adega, con marca rexistrada no 1928, e que a día de hoxe comercializa viño albariño baixo a marca Palacio de Fefiñanes.
Estilo O pazo conxuga elementos barrocos con outros italianos post-renacentistas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Pazos de Galicia
Ligazóns externas Páxina da adega
Fefinans Categoría:Cambados Categoría:Bens de Interese Cultural da provincia de Pontevedra