O Fokker D.XII foi un caza monopraza e monomotor neerlandés deseñado apara unha especificación estadounidense que solicitaba o uso dun motor Curtiss D-12, designado PW-7. A pesar dos considerables esforzos para mellorar a fuselaxe, Fokker non gañou a competición do Servizo Aéreo do Exército dos Estados Unidos.

Deseño e desenvolvemento miniatura|251x251px|Primeiro D-XII coa á inferior máis pequena e puntais en forma de V. O D.XII debe a súa existencia ao Fokker D.XI, a pesar de que os deseños eran distintos; unha conexión era que o primeiro avión tivera algún éxito cando se presentou á convocatoria pola especificación PW-7 emitida pola USAAS, cun pedido por tres avión. O D.XII pensouse dende o principio para cumprir coa especificación e deseñouse ao redor do requirido motor Curtiss D-12.

Inicialmente, o D.XII era, ao igual que o D.XI, un sesquiplano dunha soa baía pero as súas ás eran distintas. A superior tiña os bordos rectos cun pequeno grao de frecha no bordo de ataque, tiña unha sección aerodinámica máis fina que a do seu predecesor e estaba cuberta de tea en lugar de contrachapado. Utilizáronse aleróns sobresaídos, cos seus extremos proxectados fóra das puntas das ás cadradas propiamente ditas, actuando como equilibrios aerodinámicos. A á baixa, que non tiña aleróns, era moito máis curta e máis estreita. O primeiro D.XII tiña un puntal interplano en forma de V a cada lado; outro puntal asomaba desde cada raíz das ás ata o largueiro traseiro superior, asistido diante del a cada lado por un par curto en forma de V que unía os dous largueiros ao longo da fuselaxe superior, actuando como puntais de cabana en forma de N.Wesselink, Theo; Postma, Thijs (1982). De Nederlandse vliegtuigen. Haarlem: Romem. p. 53. ISBN 90-228-3792-0

A fuselaxe do D.XII tiña os lados chans e estreitábase dende o morro ata a cola. Inicialmente tiña o mesmo motor Hispano-Suiza 8F V-8 de 300 cv (224 kW) que o seu predecesor, pero ao pouco tempo foi substituído polo Curtiss D-12 V-12 refrixerado por auga de 440 hp (328 kW) especificado pola USAAS. Ámbolos dous estaban pechados nunha capota metálica, aínda que con formas lixeiramente diferentes, e movían unha hélice de dúas pas. A única cabina aberta estaba situada na metade da fuselaxe. O seu estabilizador horizontal estaba reforzado e a deriva era pequena, levando un temón equilibrado que se prolongaba ata a quilla. O D.XII tiña un tren de aterraxe fixo convencional do tipo de eixe sinxelo, apoiado por puntais e V. O avión tiña un pequeno patín de cola.

O primeiro voo co motor Curtiss foi o 21 de agosto de 1924, seguido polas probas de voo que levaron a grandes modificacións. A á superior tiña un bordo de ataque non varrido e, polo tanto, tiña unha corda constante e a á inferior pequena foi substituída por outra coa mesma corda que o plano superior e cunha envergadura case igual, montada cun marcado escalonamento. O avión deixou de ser un sesquiplano, e os puntais interplanos en forma de V foron substituídos por outros máis ríxidos en forma de N. Outro puntal ía desde o pé dianteiro do puntal interplano ata a parte superior da raíz alar para mellorar aínda máis a resistencia á torsión. Na parte traseira, retirouse a pequena deriva, e o temón, aínda equilibrado, remodelouse. Con estas modificacións fabricáronse dous avións máis.

A pesar dos esforzos de Fokker, o avión aínda non era do agrado do USAAS, que non mercou nigún dos tres D.XIIs, e o proxecto foi abandonado.

Especificacións Datos de Green e Swanborough 1994

Características xerais

Tripulación: 1 Lonxitude: 6,74 m Envergadura: 11,00 m Altura: 2,77 m Superficie alar: 21,83 m2 Peso baleiro: 998 kg Peso bruto: 1 400 kg Powerplant: 1 motor V-12 refrixerado por auga Curtiss D-12 de 330 kW (440 hp) Helices: 1 hélice de dúas pas

Rendemento

Velocidade máxima: 250 km/h Velocidade de cruceiro: 220 km/h Alcance: 1 100 km

Notas

Categoría:Aeronaves de Fokker Categoría:Cazas Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1924