thumb|dereita|Símbolo do ateísmo resultado dun concurso en 2007 da AAI, creado por Diane Reed. A Alianza Atea Internacional (AAI, en inglés; Atheist Alliance International) é unha alianza que agrupa cincuenta e oito organizacións ateas ao redor do mundo, corenta e oito das cales están radicadas nos Estados Unidos de América.

Fundada en 1991, o propósito da súa fundación é «fomentar o estabelecemento e crecemento de sociedades ateas e democráticas» e «traballar en equipo con agrupacións de sensibilidade parecida para fomentar o pensamento racional a través da educación». O seu obxectivo extraoficial é unir os ateos e darlles unha voz que os una.

A súa actual presidenta é Christine Shellska (do Canadá).Directors - Atheist Alliance International.

A organización celebra anualmente unha conferencia,Convention archive at Atheistalliance.org edita a revista Pensamento Secular,Secular Nation magazine at atheistalliance.org e xestiona o Directorio do Librepensamento.

Dende o ano 2003 a AAI entrega o premio Richard Dawkins a unha ou varias persoas, en recoñecemento a un labor destacado a prol do activismo ateo.

Notas

Categoría:Ateísmo