Sabrina Gonzalez Pasterski, nada en Chicago (Illinois) o 3 de xuño de 1993, é unha física estadounidense que estuda física de partículas. Completou os seus estudos de licenciatura no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e despois recibiu o seu doutoramento en física pola Universidade de Harvard en 2019.
Traxectoria En 1998, matriculouse no Edison Regional Gifted Center e asistiu á Academia de Matemáticas e Ciencias en 2010. esquerda|miniatura|Sabrina González (á esquerda) en 2006. Sabina Gonzalez Pasterski ten unha paixón pola aviación, tanto que tomou a súa primeira clase de voo aos dez anos, co-pilotou o FAA1 no Salón Aeronáutico de Oshkosh aos doce e comezou a construír un avión cun kit aos trece. O seu primeiro voo en solitario foi con ese avión do kit en 2009 despois de ser asinado polo seu instrutor de voo Jay Maynard.
Afirmou que os seus referentes científicos son Leon Lederman, Dudley Herschbach e Freeman Dyson, e afirmou que se sentiu atraída pola física grazas a Jeff Bezos. Recibiu ofertas de traballo de Blue Origin, empresa aeroespacial fundada por Amazon.com, e da NASA.
Como estudante de segundo (sophomore), traballou no experimento CMS no Large Hadron Collider. Despois de licenciarse, realizou o seu doutoramento en física de altas enerxías baixo a supervisión de Andrew Strominger, producindo traballos que levaron ao descubrimento do efecto memoria de spin, no contexto dos efectos memoria das ondas gravitacionais, e dos efectos da memoria electromagnética, completando o chamado triángulo Pasterski-Strominger-Zhiboedov, citado tamén por Stephen Hawking en 2015. Recibiu o seu doutoramento na Universidade de Harvard en maio de 2019.
Recoñecementos
Premio ao logro da industria da Asociación de Comercios de Aviación de Illinois 2010 2012, Scientific American 30 under 30 (30 menos de 30) 2012, Encontros do Premio Nobel de Lindau Young Researcher 2013, Premio Orloff do Departamento de Física do MIT 2015, Forbes 30 menos de 30 2015, Bolsa da Fundación Hertz 2017, Forbes 30 under 30 All Star 2017, Premio Genius Marie-Claire 2017 Silicon Valley Comic Con Headliners 2017, Google Trends #3 Trending Scientist para 2017 2018, Forbes 30 under 30 Science Judges 2018, Fundación Albert Einstein Genius: 100. Un "dos 100 maiores innovadores, artistas, científicos e visionarios do noso tempo..."
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
http://articles.chicagotribune.com/2010-05-01/news/ct-met-allstate-pasterski-20100501_1_science-academy-illinois-mathematics-first-solo-flight https://inspirehep.net/author/profile/S.Pasterski.1 http://www.pressreader.com/usa/chicago-tribune/20150802/283167197273833/TextView
Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nenos prodixio Categoría:Nados en Chicago Categoría:Nados en 1993 Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia cubana