Sorano de Éfeso o Vello (en grego antigo Σωρανός, en latín Soranus) foi un médico grego nativo da cidade de Éfeso, fillo de Menandro e Febe. Traxectoria Exerceu a súa profesión inicialmente en Alexandría (Exipto) e posteriormente marchou a Roma no reinado de Traxano e Hadriano (no primeiro cuarto do século II). É mencionado por Suidas, quen di que compuxo varias obras excelentes. Segundo Fabricio, era da escola metódica e escribiu De Coenotetis en polo menos dous libros. Algunhas obras de Sorano, non se sabe se pertencen a el ou a Sorano de Éfeso o Mozo (ver a lista de obras en Sorano de Éfeso o Mozo).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sorano de Éfeso o Mozo.
categoría:Nados en Éfeso Categoría:Personalidades de Éfeso na Antigüidade Categoría:Médicos