Christmas Is Cancelled (anteriormente titulado The Fight Before Christmas) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Prarthana Mohan e escrito por Sara Endsley. Está protagonizado por Hayley Orrantia, Janel Parrish e Dermot Mulroney. Conta a historia de Emma, cuxo pai e eterna rival no instituto comezan a saír. Emma embárcase nunha misión para romper a relación entre os dous. Christmas Is Cancelled estreouse nos cinemas o 16 de decembro de 2021, e pertence a Particular Crowd, MarVista Entertainment, Line Film Company e Lionsgate.
O 23 de novembro de 2022, estreouse en Amazon Prime Video unha versión subtitulada en galego.
Personaxes Hayley Orrantia como Emma Lockhart Janel Parrish como Brandy Barnes Dermot Mulroney como Jack Lockhart Lisa McConnell como Beatrice Jackson Evans como Maite D Danny Glenn como George Portnoy Timothy Hull como Tom Hackett Emilie Modaff como Charlyne Michael Naizu como Josh Jamison Jeff Parker como Elliot Murphy Mirelly Taylor como nai de Emma
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming
Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego