Jean Louis Tricou, nado en Lión o 13 de setembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1977, foi un numismático e notario francés, conservador do Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión e presidente da Sociedade Francesa de Numismática.

Traxectoria

Jean Tricou cursou o seu ensino secundario no Collège des Minimes de Lión. Logo licenciouse en Dereito e en 1919 comezou a traballar no despacho do seu pai, Georges Tricou, notario de Lión, a súa cidade natal. O 26 de decembro de 1930 sucedeu o seu pai como titular da notaría e foi membro da Cámara de Notarios de Lión.Hours, H. (1978). Páxina 43. Non abandonou este posto ata 1961, cando llo cedeu ao seu xenro.Lafaurie, J. (1976). Páxina 8.

Tricou herdou do seu pai e do seu avó, Claude Vachez —tamén notario— non só a súa profesión, senón tamén o seu interese pola historia, a numismática e as artes. Comezou unha incipiente colección de moedas na súa infancia, coa axuda do seu pai, e o seu estudo levouno a interesarse tamén pola heráldica e a sixilografía. En 1909 publicou o seu primeiro artigo, en Archives de la Société des collectionneurs d'ex-libris.

En 1913 foi admitido na Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión, e Tricou expandiu o ámbito das súas investigacións a todos os aspectos da historia de Lión antes da Revolución Francesa, o que deu lugar a unha gran cantidade de publicacións.miniatura|260x260px|Placa no Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión, dedicada a Jean Tricou. Tricou participou moi activamente na vida intelectual da súa cidade, e foi membro e promotor de diversas entidades e sociedades eruditas. En 1954, foi un dos fundadores do Círculo Lionés de Numismática,"Le Cercle lyonnais de Numismatique". Cerclelyonnaisnumismatique.eu que tivo como primeira sede o despacho da súa notaría; tamén foi o presidente do Círculo ata 1970, e en 1956 instituíu as Xornadas Numismáticas de Lión. Igualmente, presidiu a Academia das Ciencias, as Letras e as Artes de Lión, na que ingresou en 1942, e foi membro da Sociedade Literaria, Histórica e Arqueolóxica de Lión."Tricou, Jean". Comité des travaux historiques et scientifiques. Exerceu tamén como conservador do Gabinete de Medallas do Museo de Belas Artes de Lión desde 1945 ata a súa morte.

En 1924 ingresou na Sociedade Francesa de Numismática, entidade da que foi presidente durante o período 1957-1959."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.Le Rider, G. et al. (1965). "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 6ª serie. Tomo 7. Páxina 24. Tricou formou parte do grupo de directores da Revue numismatique desde 1962 ata o seu falecemento.Lafaurie, J. (1976). Páxina 7."Directeurs et sécretaires de la Revue Numnismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). "La Revue Numismatique a 150 ans". En Revue Numismatique. Páxina 47.

Jean Tricou faleceu a mañá do 27 de xaneiro de 1977. Estivo casado con Marthe Breton, que falecera o 29 de decembro de 1960.Hours, H. (1978). Páxina 46. O seu acervo documental consérvase nos Arquivos Municipais de Lión."Fonds Jean Tricou". Archives Municipales Lyon.

Publicacións Jean Tricou foi un prolífico autor de artigos relativos ás súas investigacións históricas e numismáticas; estes superan as 350 referencias e foron publicados sobre todo en publicacións periódicas como Revue Numismatique e o Bulletin de la Société française de numismatique.Lafaurie, J. (1976). Páxina 9. Tamén publicou unha boa cantidade de traballos monográficos, dos que aquí se escolman algúns dos máis significativos:Mélanges de travaux offerts à maître Jean Tricou. Audin, Lión. 1977."Jean Tricou (1890-1977) - Toutes ses œuvres". BnF.fr

(1920). Le Plâtre St-Esprit de Lyon. Cumin et Mason, Lión. (1926). Méreaux et jetons armoriés des églises et du clergé lyonnais. Badiou-Amant, Lión. (1929). La chronique lyonnaise de Jean Guéraud, 1536-1562. Badiou-Amant, Lión. (1930). Jean Beyssac, historien, 1859-1929. Société des Bibliophiles Lyonnais, Lión. (1938). Les enfants de la ville. Audin, Lión. (1942). Jetons armoriés de personnages lyonnais. Badiou-Amant, Lión. (1944). Les Valentin. Badiou-Amant, Lión. (1947). Jetons armoriés offerts par la ville de Lyon aux xviie et xviiie siècles. Badiou-Amant, Lión. (1952). Armorial du chapitre Saint Nizier de Lyon 1632-1670. Société de Sauvegarde Historique, Lión. (1953). Benoît du Troncy, 1525/30-1599, notaire, secrétaire de la Ville, ligueur et écrivain lyonnais. Éditions de la Guillotière, Lión. (1955). Les Jetons consulaires de Lyon. Bourgey, París. (1957). Numismatique des corporations, des métiers et du commerce lyonnais de l'ancien régime. Bourgey, París. (1958). Lyon conté par les médailles. Crédit lyonnais, Lión. (1958). Médailles Lyonnaises du xve au xviiie siècle. Bourgey, París. (1958-1960). Armorial de la Généralité de Lyon. Vol. I (1958); Vol. II (1960). Société des Bibliophiles Lyonnais, Lión. (1965-1976). Armorial et répertoire lyonnais. Vol. I (1965); Vol. II (1967); Vol. III (1968); Vol. IV (1971); Vol. V (1972); Vol. VI (1975); Vol. VII (1976). G. Saffroy, París.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Donné, J-P.; Saint-Pierre, D. (dir.) (2017). "Tricou, Jean (1890-1977)". En Dictionnaire historique des Académiciens de Lyon : 1700-2016. ASBLA, Lión. Páxinas 1.288-1.291. ISBN 978-2-9559-4330-4 Hours, H. (1977). "Jean Tricou". En Revue du Lyonnais. Union des sociétés savantes du Lyonnais. Nº 1.‎ Setembro. Páxinas 25-33. Hours, H. (1978). "Jean Tricou". En Mémoires de l’Académie des sciences, belles-lettres et arts de Lyon. T. 32. Páxinas 43-46. Lafaurie, J. (1976). "Jean Tricou 1890-1977". En Revue numismatique. 6ª serie. Tomo 18. Páxinas 7-10.

Ligazóns externas

Fonds Jean Tricou. Archives Municipales Lyon

Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Nados en Lión Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Notarios Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática