Jaime García-Altozano Garrido, nado en Ciudad Lineal, Madrid o 4 de agosto de 1993, coñecido como Jaime Altozano, é un divulgador, produtor musical e youtuber destacado pola súa difusión musical a través de Internet. Colaborou en programas de TV como WifiLeaks (#0), La mejor canción jamás cantada (La 1) ou Dónde estabas entonces? (LaSexta) e de radio como Música y significado de Radio Clásica analizando as bandas sonoras do Señor dos Aneis (de Howard Shore) e Star Wars (John Williams) e nas seccións musicais de programas de radio como Hoy por Hoy na SER ou He venido aquí a hablar de lo mío en RNE.

En febreiro de 2023, a súa canle de YouTube acumulaba 3,24 millóns de subscritores.

Traxectoria Altozano estudou piano no Conservatorio Profesional Arturo Soria de Madrid, dous anos da dobre licenciatura en Matemáticas e Física na Complutense e produción musical na escola Música Creativa. Abriu a súa canle en maio de 2017 para ofrecer educación musical doada e gratuíta. As súas análises de BSO como O Señor dos Aneis, Harry Potter e Star Wars, e vídeos sobre música clásica empregando cancións de Pokémon, Dragon Ball, The Beatles ou La Oreja de Van Gogh fixéronse populares.

En outubro de 2017, Ramón Gener publicou Un gesto lo puede cambiar todo, que copiaba a análise De Pokémon a Bach. Una historia de VOCES. Gener responsabilizou deste plaxio a un colaborador seu, e asegurou descoñecer a obra de Altozano. En decembro dese ano comentou en directo a ópera La bohème de Puccini emitida en streaming dende o Teatro Real de Madrid co obxectivo de ser vista por máis de cen mil persoas.

A canle acadou 187.000 subscritores ao medio ano de abrir, e duplicou a cifra cinco meses despois.

En 2018 entrevistou a Hans Zimmer, con máis de 1,5 millóns de visualizacións. En novembro do mesmo ano publicou unha análise de El mal querer de Rosalía, que recibiu resposta da cantante a través de Instagram. Até a data, é o vídeo máis visto da súa canle, con máis de 7 millóns de visualizacións.

En 2019 chegou ao millón de subscritores, e publicou un vídeo especial para celebralo. Colaborou co youtuber colombiano Alvinsch e coa canle Quantum Fracture en colaboración coa Universidade Politécnica de Madrid para responder cientificamente por qué "Happy Birthday to You" non se pode tocar na batería. Con Quantum Fracture compuxo unha trap paródico sobre o terraplanismo. En outubro, colaborou co cantante Agoney na interpretación do seu éxito "Black" nunha versión balada para La 2 Noticias.

En decembro participou na Cidade da Cultura do Gaiás xunto co divulgador galego El Barroquista na xornada #Culturlike durante a exposición Galicia, un relato no mundo. O evento foi retransmitido por streaming.

En febreiro de 2020 volveu a TVE para dar unha charla aos concursantes de OT sobre harmonía e composición.

En abril de 2022, entrevistou a Rosalía sobre o seu disco MotoMami, publicando unha análise da produción, composición e harmonía. A análise xunto coa entrevista completa recibiron máis de 7 millóns de visualizacións.

Vida persoal Altozano é primo do youtuber de videoxogos DayoScript.

Desde 2017 é parella da youtuber arquitecta Ter.

Notas

Véxase tamén

Musicoloxía Historia da música

Ligazóns externas Páxinal oficial Canal de Youtube de Jaime Altozano Instagram de Jaime Altozano Jaime Afterdark

Categoría:Música clásica Categoría:Músicos de España por instrumento Categoría:Divulgadores Categoría:Personalidades de YouTube