A síndrome de crecemento excesivo bacteriano, SIBO polas súas siglas en inglés (Small intestinal bacterial overgrowth), é un trastorno caracterizado por un crecemento excesivo de bacterias no intestino delgado. A diferenza do intestino groso, que é rico en bacterias, o intestino delgado xeralmente contén menos de 10000 organismos por mililitro. Os factores de risco inclúen dismotilidade, alteracións anatómicas intestinais e o uso de certos medicamentos.

Causas esquerda|miniatura|Na foto, bacterias clostridium perfringens (na foto), e. Coli o u algunhas especies de streptococcus poden ser causantes do SIBOCertas persoas son máis propensas ao desenvolvemento de supercrecemento bacteriano debido a varios factores de risco.

Estes factores agrúpanse en catro categorías:

trastornos de motilidade ou cambios anatómicos no intestino delgado trastornos do sistema inmunitario interferencia coa produción de encimas proteolíticas, ácido gástrico ou bile, condicións que causan un maior número de bacterias do colon para entrar no intestino delgado.

O uso de certos medicamentos, que se utilizan para reducir o ácido do estómago, tamén se asocia cun risco aumentado de desenvolver SIBO.

Diagnóstico O diagnóstico da síndrome de supercrecemento bacteriano habitualmente realízase mediante a proba de análise de alento, que é menos invasiva e máis segura que outras técnicas.

Tratamento O tratamento leva a cabo mediante unha dieta específica ou antibióticos, en ocasións seguidos de fármacos procinéticos se se sospeita que a causa é a dismotilidade.

Síntomas Os síntomas máis comúns son náuseas, sensación de inchazo na barriga, vómitos, diarrea, desnutrición, perda de peso e mala absorción intestinal.

Doenzas relacionadas Estudos recentes sinalan que ata o 80% dos pacientes con síndrome do intestino irritable (SII) poden presentar SIBO2. Non obstante, o debate persiste sobre se os resultados anormais nas probas de alento na SII suxiren realmente a presenza de SIBO3.

Presenza en redes sociais É importante resaltar que, a pesar do crecente interese e discusión en redes sociais e foros de saúde en liña, a SIBO segue sendo unha doenza non moi ben definida con moitos aspectos aínda en investigación. As opinións dos expertos sobre a prevalencia, diagnóstico e tratamento do SIBO varían amplamente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Síndrome de sobrecrecemento bacteriano no Manual Merck O SIBO nas redes sociais, unha alarma "que non existe" (gciencia.com)

Categoría:Síndromes