O Palacio Real de Bruxelas (en , en ) é o palacio oficial do rei dos belgas, no centro da capital nacional, Bruxelas. O palacio non é usado como residencia real, xa que o rei e a súa familia viven no Castelo Real de Laeken, nas aforas de Bruxelas. O rei cumpre as súas funcións de xefe de Estado neste palacio real.

O palacio atópase ao sur do Parque Real, na parte alta da cidade de Bruxelas. Por outro lado, enfrontado ao Palacio atópase o Parlamento Federal de Bélxica. Estes dous edificios representan a forma de goberno en Bélxica: a monarquía constitucional.

Historia A construción do Palacio Real comezou a principios do século XIX a mans de Guillerme I, rei dos Países Baixos. Durante o reinado de Leopoldo II o palacio sufriu moitas remodelacións e quedou como pode verse actualmente. Dende 1965, o Palacio Real de Bruxselas está aberto ao público habitualmente dende o 21 de xullo (día da festa nacional) até comezos de setembro. O horario de visita é de martes a domingo de 10:30 a 17:00 horas.

Galería de imágenes

Notas

Categoría:Bruxelas Categoría:Palacios de Bélxica