Hugo Gernsback, nado en Luxemburgo no 16 de agosto de 1884 e finado en Nova York, 19 de agosto de 1967 foi un escritor pioneiro de ciencia ficción e novas tecnoloxías (entre outras cousas, deseñou dous novos instrumentos musicais electrónicos: o pianorad e o staccatone). As súas contribucións ao xénero da ciencia ficción como editor foron tan significativas que, xunto cos novelistas HG Wells e Jules Verne, foi considerado "O pai da ciencia ficción".
Traxectoria esquerda|miniatura|170x170px|Retrato de Hugo Gernsback por W. E. Blythe, publicado na SWS en 1929 Aos vinte anos, en 1904, Hugo Gernsback emigrou aos Estados Unidos. En 1925, Hugo Gernsback fundou a estación de radio WRNY.
Antes de entrar no mundo da escritura, Gernsback era un empresario que traballaba na industria electrónica, importando pezas de radio de Europa aos Estados Unidos. En abril de 1908 fundou Modern Electrics, a primeira revista de electrónica. En 1913 fundou Amazing Stories, unha revista similar na que comezou a incluír historias de ciencia ficción, incluída a súa propia novela, Ralph 124C 41+ . En 1919 creou a revista de tecnoloxía Radio News.
Morreu en Nova York o 19 de agosto de 1967 aos 83 anos.
Vida persoal Casou tres veces: con Rose Harvey en 1906, con Dorothy Kantrowitz en 1921 e con Mary Hancher en 1951.
Homenaxes
Os Premios Hugo foron nomeados na súa honra. Preliminary Session #1, Item E.2; Main Session #1, Item F.3 (August 30/31, 1991). O cráter Gernsback na lúa leva este nome na súa memoria. Nos anos 80, Steven Spielberg produciu Amazing Stories, titulada así como homenaxe á revista de Gernsback.
Notas
Véxase tamén
Premios Hugo Premio Hugo á mellor presentación dramática Ciencia ficción Ligazóns externas
Libros de Hugo Gernsback (segundo popularidade) - Project Gutenberg
Categoría:Nados na cidade de Luxemburgo Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Ciencia ficción