After: Amor infinito (en ; nalgúns países estreouse como After Ever After ou After Forever) é un filme estadounidense de 2022 dirixido por Castille Landon a partir dun guión de Sharon Soboil. Baséase na novela homónima de 2015 de Anna Todd, e é a secuela de After We Fell, sendo o cuarto filme da serie After. Está protagonizado por Josephine Langford e Hero Fiennes Tiffin, que retoman os seus papeis como Tessa Young e Hardin Scott respectivamente.

Estreouse dobrado e subtitulado en galego o 1 de xaneiro de 2023 a través da plataforma de Amazon Prime Video.

Personaxes Josephine Langford como Tessa Young Hero Fiennes Tiffin como Hardin Scott Louise Lombard como Trish Daniels Chance Perdomo como Landon Gibson Rob Estes como Ken Scott Arielle Kebbel como Kimberley Stephen Moyer como Christian Vance Anton Kottas como Smith Mira Sorvino como Carol Young Frances Turner como Karen Scott Kiana Madeira como Nora Jack Bandeira como James Carter Jenkins como Robert Freeman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Castille Landon Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego