Bacopa monnieri é unha planta herbácea perenne rastreira cuxo hábitat inclúe as zonas húmidas e as beiras fangosas. Brahmi é tamén o nome dado a Centella asiatica por algúns botánicos, mentres que outros consideran que é un erro que xurdiu durante o século XVI, cando brahmi foi confundido con mandukaparni o nome para a Centella asiática."In north India, however, brāhmī is commonly identified as Centella asiatica (Linn.) Urban, which in Malayalam is known as muttil. It seems that this identification of brāhmī as C. asiatica has been in use for long in northern India, as Hēmādri's 'Commentary on Aṣṭāṅgahṛdayaṃ (Āyuṛvēdarasāyanaṃ) treats maṇḍūkapaṛṇī (C. asiatica) as a synonym of brahmi." Está catalogada como especie invasora en Galicia.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
Descrición miniatura|240x240px|Bacopa monnieri en Hyderabad, India. miniatura|320x320px|Detalle da flor. miniatura|291x291px|Vista da planta. As follas desta planta son suculentas e relativamente grosas. As follas son oblanceoladas e están dispostas en sentido oposto no talo.
A súa capacidade para medrar na auga convértena nunha planta acuática de acuario popular. Mesmo pode medrar en condicións lixeiramente salobres. A propagación realízase xeralmente a través de esqueixes.
Ecoloxía Comunmente medra en zonas pantanosas na India, Nepal, Sri Lanka, China, Taiwan e Vietnam, e tamén se atopa na Florida e outros estados do sur dos Estados Unidos de América, onde se pode cultivar en condicións de humidade en lagoas ou xardíns pantanosos.
Fitoquímica Informouse do illamento dos seguintes fitoquímicos:Jobin Mathew, Jes Paul, M.S. Nandhu, C.S. Paulose. Bacopa monnieri and Bacoside-A for ameliorating epilepsy associated behavioral deficits. Fitoterapia (2010) 81:315–322
Alcaloides: hidrocotilina, brahmina, herpestina e nicotina. Saponinas, triterpenos e esteroides Por exemplo o asiatiósido (10-45 mg/kg), tanakunícido, pseudojujubogeninas, bacopasaponinas, bacósidos A-B. tritepenos tales como o ácido ascórbico, ácico tanakúnico, ácido asiático, brahamósido, monierina, brahminósido, ácido brahmico, ácido isobráhmico, ácido betulínico e ácido betúlico; tamén se atoparon fitosterois como o estigmasterol. Flavonoides: apigenina, luteonina, oroxindina, wogonina Aminoácidos: alanina, ácido aspártico, ácido glutámico e serina n-Alcanos: heptacosano, octacosano, nonacosano, triacontano, hentriacontano, dotriacontano, Pironas:' 3-formil-4-hidroxi-2H-pirano (C6H6O3), e o seu 7-glucósido.
Usos
Medicina Esta planta ten unha serie de usos na medicina Ayurveda. É un tratamento tradicional para a epilepsia e a asma e a axudar aos nenos con TDAH.Rajani, M., et al. "Brahmi (Bacopa monnieri (L.) Pennell) - A Medhya Rasaayana Drug of Ayurveda" in Ramawat, K. G., Ed. (2004). Biotechnology of Medicinal Plants: Vitalizer and Therapeutic Enfield, New Hampshire: Science Publishers, Inc. Ten propiedades antioxidantes, na redución da oxidación das graxas no sangue. Con todo, as súas propiedades contra a epilepsia parece que poden ser mortais en doses moi altas, polo que só é usado en pequenas doses como aditivo á medicación antiepiléptica regular. Estudos en humanos mostran que o extracto da planta ten efectos contra a ansiedade.
É un dos nootrópicos naturais máis utilizados con efectos probados para estimular a memoria, a capacidade cognitiva e a saúde do cerebro. O composto principal que se atopou no extracto de Bacopa son os bacósidos que melloran a transmisión sináptica no cerebro potenciando especialmente a memoria a longo prazo. Os estudos de laboratorio en ratas indican que os extractos da planta melloran a capacidade da memoria e a capacidade de aprendizaxe.Rajani, M., et al. "Brahmi (Bacopa monnieri (L.) Pennell) - A Medhya Rasaayana Drug of Ayurveda" in Ramawat, K. G., Ed. (2004). Biotechnology of Medicinal Plants: Vitalizer and Therapeutic Enfield, New Hampshire: Science Publishers, Inc. Estudos recentes suxiren que pode mellorar a actividade intelectual.Stough C, Downey LA, Lloyd J et al. (2008). "Examining the nootropic effects of a special extract of Bacopa Monniera on human cognitive functioning: 90 day double-blind placebo-controlled randomized trial." Phytother Res. 22:1629-1634.Dhanasekaran M, Tharakan B, Holcomb LA et al. (2007). "Neuroprotective mechanisms of ayurvedic antidementia botanical Bacopa monniera." Phytother Res. 21:965-969. Este mecanismo de acción pode explicar o efecto do extracto de Bacopa monniera na redución dos depósitos de beta-amiloide en ratos con enfermidade de Alzheimer. Na India, esta planta utilizouse tradicionalmente para consagrar os recentemente nados na crenza de que lle vai a abrir a porta de enlace da intelixencia.
Taxonomía Bacopa monnieri foi descrita por Carl von Linné, e logo por Wettst. e publicada en Die Natürlichen Pflanzenfamilien 4(3b): 77. 1891.
Etimoloxía
Bacopa: nome xenérico dun nome indio aborixe na Guayana Francesa, citado por Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet na súa Histoire des Plantes de la Guiane Françoise en 1775.En Nombres Botánicos
monnieri: epíteto outorgado en honra do botánico francés Louis Guillaume Le Monnier (1717-1799).
Sinonimia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bacopa monnieri List of Chemicals (Dr. Duke's Databases) Arquivado o 17 de febreiro de 2013 en Wayback Machine. Brahmi (Bacopa monnieri) de Pankaj Oudhia Bacopa de Pharmasave. Inclúe varias referencias médicas.
Categoría:Plantas descritas en 1891 Categoría:Plantas acuáticas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Australia Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantaginaceae Categoría:Plantas invasoras