A batalla de Lepanto foi un enfrontamento naval que tivo lugar o 7 de outubro de 1571, cando unha frota da Santa Liga, unha coalición de estados católicos organizada polo papa Pío V, inflixiu unha gran derrota á frota do Imperio Otomán no golfo de Patras. As forzas otomás navegaron cara ao oeste desde a súa estación naval en Lepanto (nome veneciano de Naupacto) cando se atoparon coa frota da Santa Liga que navegaba ao leste desde Messina, Sicilia.

Lepanto foi o último grande enfrontamento no mundo occidental que se librou case enteiramente entre barcos de remo, principalmente as galeras e as galeazas, que eran os descendentes directos dos antigos trirremes. A batalla foi unha "batalla de infantaría en plataformas flotantes". Foi a maior batalla naval da historia occidental dende a antigüidade clásica, na que participaron máis de 450 buques de guerra. Durante as décadas seguintes, a crecente importancia do galeón e a táctica de liña de batalla desprazarían á galera como o principal buque de guerra da súa época, marcando o comezo da "Idade de Vela". 180x180px|miniatura|A Galera Real foi a maior galera do seu tempo e o buque insignia de Xoán de Austria na batalla de Lepanto (foto da réplica do Museo Marítimo de Barcelona).|esquerda

A vitoria da Santa Liga é de grande importancia na historia de Europa e do Imperio Otomán, coa frota otomá case completamente destruída. Con todo, a batalla non tivo un impacto duradeiro na armada otomá, xa que os otománs reconstruíron rapidamente a súa frota en menos de 6 meses. A batalla foi comparada durante moito tempo coa batalla de Salamina, tanto polos paralelos tácticos como pola súa importancia crucial na defensa de Europa contra a expansión imperial. Tamén tivo grande importancia simbólica nun período no que Europa foi dilacerada polas súas propias guerras de relixión tras a reforma protestante. O papa Pío V instituíu a festa da "A nosa Señora das Vitorias", e Filipe II de España utilizou a vitoria para fortalecer a súa posición como o "Rei Máis Católico" e defensor da cristiandade contra a incursión musulmá. centro|miniatura|Plano da batalla.

Combatentes esquerda|miniatura|250x250px|Bandeira do Reino de Galiza na batalla de Lepanto.

O bando da Santa Liga, incluía tropas de España, a Santa Sé, Xénova e sobre todo a República de Venecia (con máis do 90 % das naves). Estaban baixo as ordes de Xoán de Austria, irmán de Filipe II, e recente vencedor da revolta das Alpuxarras.

A frota musulmá, baixo o mando de Alí Pachá, contaba entre as súas filas con miles de galeotes cristiáns que segundo ían entrando en combate rebelábanse contra os oficiais turcos.

A vitoria esmagadora da Santa Liga propiciou máis seguridade no mar Mediterráneo. Tanto os ataques piratas como o expansionismo turco foron freados.

Foi a derradeira batalla importante coa galera como nave de guerra.

Personaxes notables Álvaro de Bazán. Luís de Requesens. Juan de Cardona. Agostino Barbarigo. Marco Antonio Colonna. Juan Andrea Doria. Alejandro Farnesio. Xoán de Austria. Miguel de Cervantes (alcumado «o manco de Lepanto» porque nesta batalla perdeu un brazo). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Guerras habsburgo-otomás Guerra turco-veneciana (1570-1573) Ligazóns externas Cumplido Muñoz, José Ramón. La Batalla de Lepanto (7 de octubre de 1571): La gran victoria naval en el Mediterraneo] revistanaval.com

Lepanto Lepanto Categoría:1571 Categoría:Miguel de Cervantes