Chasmanthe é un pequeno xénero de plantas perennes e bulbosas da familia Iridaceae, nativas da Provincia do Cabo en Suráfrica. Comprende 26 especies descritas e destas, só 3 aceptadas.

En Galicia está catalogado como especie exótica invasora.Fichas identificativas de Especies exóticas invasoras miniatura|Chasmanthe floribunda, aspecto xeral.

Descrición Trátase de herbas perennes de até 140 cm de altura, con follaxe decidua, que crecen a partir de cormos. As follas son ensiformes, dísticas, alternas, paralelinervadas e de marxe enteira. Presentan coloridas inflorescencias en espigas dísticas. As flores son hermafroditas, cigomorfas, sésiles e dispóñense na inflorescencia protexidas por dúas curtas espatas. O perigonio é cilíndrico, curvado, co tépalo superior estendido seguindo a curvatura do tubo perigonial, os 5 restantes moito máis breves e estendidos. Presenta 3 estames dispostos ao longo do tépalo superior. O ovario é ínfero e o estilo é tripartito. As flores son de cores brillantes, desde o amarelo, alaranxado até o vermello escarlata. Cultívallas en varias partes do mundo como ornamentais. O froito é unha cápsula dehiscente. Florecen no verán.

Taxonomía O xénero foi descrito por Nicholas Edward Brown e publicado en Transactions of the Royal Society of South Africa 20(3): 272–274. 1932.

Etimoloxía

Chasmanthe: nome xenérico que deriva do grego, chasme = "aberto, partido" e anthos = "flor", onde alude aos tépalos incisos ou partidos característicos destas especies.

Especies aceptadas A seguir amósase unha listaxe das especies do xénero Chasmanthe aceptadas até marzo de 2015, ordenadas alfabeticamente.

Chasmanthe aethiopica (L.) N.E.Br Chasmanthe bicolor (Gasp. ex Ten.) N.E.Br. Chasmanthe floribunda (Salisb.) N.E.Br.

Cultivo Chasmanthe propágase facilmente por cormos e por sementes. Algunhas especies son moi invasoras e logran naturalizarse.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Peter Goldblatt, John Manning, Gary Dunlop & Auriol Batten. Crocosmia and Chasmanthe.Royal Horticultural Society Plant Collector Guide, 236p. Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Arxentina de Agricultura e Xardinaría. Tomo I. Descrición de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.

Ligazóns externas Información sobre as especies de Chasmanthe

Categoría:Flores Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Plantas invasoras