O ácido rodotorúlico é o menor da familia da 2,5-dicetopiperazina dos sideróforos hidroxamatos, que son axentes quelantes de alta afinidade para o ferro férrico, producidos por fitopatóxenos bacterianos e fúnxicos para captar ferro do seu medio ambiente. É un ligando tetradentado, o que significa que se une a un átomo de ferro en catro posibles localizacións (dous residuos de hidroxamato e dous de lactama), e forma complexos Fe2(sideróforo)3 para establecer unha coordinación octaédrica co ferro.
O ácido rodotorúlico aparece en lévedos basidiomicetos e sábese que retarda a xerminación de esporas do fungo Botrytis cinerea. En combinación co lévedo Rhodotorula glutinis é efectivo para o biocontrol de B. cinerea resistente á iprodiona en lesións en mazás.
Notas
Categoría:Ácidos hidroxámicos Categoría:Piperazinas Categoría:Sideróforos Categoría:Dicetopiperazinas