Lorenzo Mattotti nado en Brescia, Lombardía, o 24 de xaneiro de 1954, é un debuxante de banda deseñada, artista gráfico e ilustrador italiano. No ámbito da banda deseñada, Mattotti gañou un premio Eisner en 2003 polo seu "Doutor Jekyll e Mr. Hyde", mentres que as súas ilustracións foron publicadas en revistas como Cosmopolitan, Vogue, Newyorker, Le Monde ou Vanity Fair. Recibiu o Premio Inkpot, o Gran Premio da Bienal de Ilustración de Bratislava, o Premio Eisner e o Gran Guinigi.

Traxectoria Estudou arquitectura cando era novo, pero non rematou o curso. Despois dunhas bandas tradicionais conseguiu o seu propio estilo. Il Signor Spartaco foi o seu primeiro cómic realizado dese xeito. A historia céntrase en torno aos soños dun pasaxeiro do tren, cunhas formas e cores novidosas, e coa completa ausencia de aventura.

O seu debut como director foi nun segmento da antoloxía de terror animada Fear(s) of the Dark. A súa primeira longametraxe é La famosa invasione degli orsi in Sicilia. A película é unha adaptación animada dun libro do mesmo título de Dino Buzzati.

Estilo Mattotti inspírase principalmente en pintores, músicos, escritores e directores de cine. Para el, a relación entre texto e imaxe debería ser a mesma que con texto e música. Os dous deben enriquecerse.

Desde 1986, Mattotti consolidouse como mestre da cor. Porén, sorprendeu ao seu público con algunha obra en branco e negro, como unha novela autobiográfica en 1992 feita xunto coa súa ex-muller Lilia Ambrosi, na que utiliza debuxos a pluma.

No mesmo ano, en Caboto fixo un cómic que para conmemorar o 500 aniversario do descubrimento de América, conta as aventuras do explorador X. Caboto no Río da Prata, cun guión do arxentino Jorge Zentner. En Stigmates (1998) volveu ao branco e negro para narrar a tráxica vida dun borracho que esperta un día con estigmas, adaptada ao cine por Adán Aliaga en 2007.

Obra

Banda deseñada

Il Signor Spartaco (1982) Incidenti (1984) Fuegos (1986) Labyrinthes (1988) Murmur (1989) Doctor Nefasto (1989, con Jerry Kramsky) Caboto (1992, con Jorge Zentner) L'Uomo alla Finestra (1992, con Lilia Ambrosi) L'Arbre du Penseur (1997) Stigmate (1998, con Claudio Piersanti) Dr Jekyll & Mr Hyde (2002, con Jerry Kramsky) El rumor de la escarcha (2003, con Jorge Zentner) Ghirlanda (2018, con Jerry Kramsky)

Portafolios-Libros

Ligne Fragile (1999) Posters (2002) Angkor: Drawings Pastels Watercolors (2003) La Chambre (2004) Carnevale. Colori e movimenti (2007) Chambres/Rooms/Stanze (2010), #logosedizioni The Crow (2010), Alfabia, con Lou Reed Venezia. Scavando nell’acqua (2011), #logosedizioni Mattotti Works 1: Pastels (2012), #logosedizioni Oltremai (2013), #logosedizioni Mattotti Works 2: Fashion (2014), #logosedizioni Vietnam (2014), Louis Vuitton Travel Books Blind (2017), #logosedizioni (en colaboración con CBM Italia Onlus) Portadas para The New Yorker (2018), #logosedizioni

Longametraxe Animación: Fear (s) of the Dark segmento (2007) La famosa invasione degli orsi in Sicilia (2019) Francia

Notas

Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Brescia Categoría:Ilustradores Categoría:Debuxantes