Billete de 200 eurosPrimeira serie (2002-2019)"200 Euro 2002 Series". Numista.com300x300pxAnverso300x300pxReversoSegunda serie (dende 2019)"200 Euro Europa Series". Numista.com300x300pxAnverso300x300pxReverso Valor: 200 euros. Territorio: 20px Eurozona. Cor: amarelo. Temática: arquitectura do s. XIX. Deseñador: Robert Kalina (1ªserie) e Reinhold Gerstetter (2ª serie). Data do deseño: 1998 (1ª serie) e 2018 (2ª serie). Datas de emisión: desde 2002. Longo: 153 mm. Alto: 82 mm (1ª serie) e 77 mm (2ª serie). Material: fibra de algodón.

O billete de 200 euros é o billete da serie do euro co maior valor facial en produción, logo do cesamento da impresión do billete de 500 euros en 2019. Está en circulación desde a introdución do euro como moeda da Eurozona en 2002.

Este billete utilízase nos 25 países que teñen o euro como moeda única, cunha poboación de arredor de 343 millóns de persoas. En decembro de 2022, había uns 852.000.000 billetes de 200 euros en circulación na Eurozona. É o segundo valor facial de menor circulación, cun 2,9 % do total de billetes da serie do euro, despois do billete de 500 euros."Euro banknotes, quantities ". European Central Bank (ECB.europa.eu).

É tamén o segundo billete de maior tamaño, cunhas medidas iniciais de 153 × 82 mm. A primeira serie (2002-2019) ten unha combinación de tons da cor amarela, e a segunda serie combina o amarelo imperante con detalles en marrón.

Os billetes de 200 euros representan en ambas as súas faces pontes e arcos ou portas de estilo Art Nouveau (séculos XIX e XX). Conteñen ademais varios elementos de seguridade complexos, como marcas de auga, tinta invisible, hologramas e microimpresión, que acreditan a súa autenticidade.

O billete de 200 euros correspondente á segunda serie, coñecida como "Europa", entrou en circulación o 28 de maio de 2019.Serie Europa de billetes en euros. .www.ecb.europa.eu.

Historia

O euro instituíuse o 1 de xaneiro de 1999, data en que se converteu na moeda de máis de 300 millóns de persoas en Europa. Durante os tres primeiros anos da súa existencia noi foi unha moeda física, xa que só se utilizaba en contabilidade. O efectivo en euros non se introduciu ata o 1 de xaneiro de 2002, cando substituíu os billetes e as moedas nacionais dos 12 países iniciais da Eurozona."A nossa moeda". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu).

Eslovenia incorporouse á Eurozona en 2007,"Adesão da Eslovénia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Chipre e Malta en 2008,"Cyprus and Malta: welcome to the euro area!". European Commission (Ec.europa.eu). Eslovaquia en 2009,"Slovakia joins the euro". European Commission (Ec.europa.eu). Estonia en 2011,"Adesão da Estónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Letonia en 2014,"Adesão da Letónia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). Lituania en 2015"Adesão da Lituânia à área do euro". Banco Central Europeu (ECB.europa.eu). e Croacia en 2023."Croatia adopts de euro". European Central Bank (ECB.europa.eu)."What is the euro area?". Economy-finance.ec.europa.eu"A nossa moeda". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu).

Período de transición O período de transición durante o cal os billetes e as moedas das antigas moedas se cambiaron polos do euro durou aproximadamente dous meses, desde o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2002. A data oficial en que as moedas nacionais deixaron de ter curso legal variou dun estado membro a outro. A máis temperá foi a de Alemaña, onde o marco deixou oficialmente de ter curso legal o 31 de decembro de 2001, aínda que o período de cambio durou dous meses máis. Mesmo despois de que as antigas moedas deixaran de ter curso legal, seguiron a ser aceptadas polos bancos centrais nacionais durante períodos que oscilaron entre os dez anos e sen límite."Tenth anniversary of the euro banknotes and coins". European Central Bank (ECB.europa.eu).

Cambios de deseño Os billetes impresos antes de novembro de 2003 levan a sinatura do primeiro presidente do Banco Central Europeo, Wim Duisenberg, que foi substituído o 1 de novembro de 2003 por Jean-Claude Trichet, cuxa sinatura aparece nas emisións de novembro de 2003 a marzo de 2012. Os billetes emitidos entre marzo de 2012 e novembro de 2019 levan a sinatura do terceiro presidente do Banco Central Europeo, Mario Draghi."Notas". Banco Central Europeu (Ecb.europa.eu). Finalmente, a partir de 2019 é a de Christine Lagarde a sinatura que se amosa no anverso dos billetes de 200 euros.

Sinaturas dos presidentes do BCE

Desde xuño de 2012, as emisións deixaron de reflectir realidade xeográfica da Unión Europea, xa que non respondían á súa ampliación. Ademais, Chipre non aparece nos billetes, porque o mapa non se estende o suficiente cara ao leste, e Malta tampouco aparece porque non cumpre o tamaño mínimo da serie actual para a súa representación. En 2019, o Banco Central Europeo introduciu unha nova serie de billetes en euros que reflictan a ampliación dos seus membros,"Design elements". Fleur-de-coin.com"Euro Banknotes". Coins-world.info coñecida como "serie Europa". O billete de 200 euros desta segunda serie amosa un reaxuste nos motivos arquitectónicos representados no seu anverso e no seu reverso, e ten un tamaño lixeiramente inferior ao da primeira serie, aínda que mantén a súa cor orixinal."Notas de euro da série “Europa”". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu).

Deseño O billete de 200 euros caracterízase pola súa cor amarela. O correspondente á primeira serie mide 153 × 82 milímetros, e o da segunda serie 153 x 77 milímetros. Todos os billetes en euros representan pontes e arcos ou portas nun estilo arquitectónico diferente da historia europea, e ao de 200 euros correspondeulle a Art Nouveau, dos séculos XIX e XX. Aínda que os deseños orixinais de Robert Kalina pretendían amosar monumentos reais, por razóns políticas as pontes non son máis que exemplos hipotéticos da época arquitectónica."Euro banknote design exhibition". European Central Bank (ECB.europa.eu)."Money talks: the new euro cash". BBC News (News.bbc.co.uk). O mesmo sucede cos deseños de Reinhold Gerstetter para a segunda serie, a partir de 2019.

Do mesmo xeito que todos os demais billetes de euro, contén a expresión do seu valor facial, a bandeira da Unión Europea, unha representación dos territorios da UE en ultramar, as estrelas da bandeira da UE, a sinatura do presidente do Banco Central Europeo e as iniciais desa institución en diversos alfabetos utilizados nas linguas oficiais da Eurozona, e doce elementos de seguridade, que se detallan a seguir:

Elementos de seguridade Os elementos principais son os seguintes:"

Elementos de segurança". Banco Central Europeo (ECB.europa.eu).

miniatura|Holograma do billete de 200 euros visto desde distintas posicións.Unha constelación EURion (tamén coñecida como os "aros Omron")."The EURion Constellation". University of Cambridge (www.cl.cam.ac.uk)."Omron Rings". En Glossary of banknotes (Regulaforensics.com). Trátase dun padrón de símbolos que aparece en varios deseños de billetes de todo o mundo desde 1996 aproximadamente. Engádese para favorecer que o software a detecte a presenza dun billete nunha imaxe dixital.

Tinta que cambia de cor, utilizada na cifra situada no reverso do billete, que parece cambiar de púrpura a marrón cando se inclina o billete.

Un número transparente impreso no recanto superior do billete, por ambas as faces, que parece combinarse perfectamente para formar o número do valor cando se olla contra a luz.

Unha banda brillante, situada no reverso do billete, que amosa o número do valor e o símbolo do euro.

Un holograma, cuxa imaxe parece cambiar entre o valor e unha ventá ou porta, e no fondo parecen círculos concéntricos de microletras coas cores do arco da vella que se desprazan desde o centro cara aos bordos da mancha.

Marcas de auga que aparecen ao ollar o billete contra a luz.

Impresión en relevo na imaxe principal; as letras e os números do valor do anverso do billete aparecen en relevo.

miniatura|259x259px|Anverso do billete visto con luz ultravioleta.miniatura|259x259px|Reverso do billete visto con luz ultravioleta.Tinta ultravioleta. Aplicando a luz ultravioleta, o papel en si non brilla, mais aparecen as fibras incrustadas no papel, que se colorean de vermello, azul e verde. A bandeira da UE é verde e ten estrelas laranxa; a sinatura do presidente do BCE vólvese verde; as estrelas grandes e os círculos pequenos do anverso brillan, e o mapa europeo, unha ponte e o número de valor do reverso aparecen en amarelo. Microimpresión. En varias zonas do billete hai microimpresión: por exemplo, dentro do ΕΥΡΩ (EURO en caracteres gregos) no anverso. O microtexto é nítido, non borroso.

Un fío de seguridade, incrustado no papel do billete. Ollando contra a luz, o fío aparece como unha banda escura. A palabra EURO e o valor están incrustados en letras minúsculas no fío.

Perforacións no holograma, que forman o símbolo do euro. Tamén hai pequenos números que indican o valor.

Unha superficie mate. O papel do billete é de algodón puro, de tacto rechiante e firme, e non brando nin ceroso. Un código de barras.

Un número de serie.

Autoridade emisora Legalmente, tanto o Banco Central Europeo como os bancos centrais dos países da zona do euro teñen dereito a emitir os sete valores faciais diferentes dos billetes en euros, mais na práctica, só os bancos centrais nacionais da zona emiten e retiran fisicamente billetes en euros. O Banco Central Europeo non ten oficina de caixa e non participa en ningunha operación de efectivo."Banknotes and coins production". European Central Bank (ECB.europa.eu).

Circulación O Banco Central Europeo vixía estreitamente a circulación e as existencias dos billetes e das moedas do sistema do euro. É labor do Eurosistema garantir unha subministración eficiente e fluída de billetes en euros e manter a súa integridade en toda a Eurozona."Banknotes and coins circulation". European Central Bank (ECB.europa.eu).

En decembro de 2022, o número de billetes de 200 euros en circulación era de 852.106.913, por un valor de 170.421.382.600 euros.

As cifras anuais son as seguintes:

Billetes de 200 euros en circulaciónDataNº de billetesValor en eurosXaneiro de 200275.421.75715.084.351.400Decembro de 2002120.848.42524.169.685.000Decembro de 2003135.427.64127.085.528.200Decembro de 2004143.140.95328.628.190.600Decembro de 2005148.773.66329.754.732.600Decembro de 2006152.824.23130.564.846.200Decembro de 2007155.685.85731.137.171.400Novembro de 2008171.129.64534.225.929.000Decembro de 2009178.236.65235.647.330.400Xullo de 2010181.858.87436.371.774.800Decembro de 2011181.310.81136.262.162.200Xullo de 2012186.993.31137.398.662.200Decembro de 2013198.885.47639.777.095.200Decembro de 2014203.899.58940.779.917.800Xullo de 2015207.347.09641.469.419.200Decembrode 2016233.613.81946.722.763.800Decembro de 2017246.699.26249.339.852.400Decembro de 2018255.696.89651.139.379.200O 28 de maio de 2019 comezou a produción da nova serie Europa. Os billetes da primeira serie emitíronse conxuntamente cos da serie Europa durante algunhas semanas, ata esgotar as existencias, e logo fóronse retirando gradualmente da circulación. Ambas as series discorren, xa que logo, en paralelo, mais a proporción tende inevitablemente a unha forte diminución na primeira serie.

DataNº de billetesValor en eurosResto da 1ª serieNº de billetesValor en eurosProporciónDecembro de 2019412.700.60082.540.120.000259.859.05351.971.810.60063,0%Decembro de 2020652.790.496130.558.099.200257.177.85151.435.570.20039,4%Decembro de 2021872.033.157174.406.631.400256.608.97251.321.794.40029,4%Decembro de 2022852.106.913170.421.382.600193.403.10038.680.620.00022,7%

Seguimento de billetes