O Museo de Moedas e Medallas Joseph Puig é un museo numismático situado en Perpiñán, Francia. É de xestión municipal e, xunto co Museo de Historia Natural e o Museo Casa Pairal, forma parte do Centro Museístico do Departamento de Cultura.

O museo é tamén a sede da Asociación Numismática do Rosellón."L'Association". Association Numismatique du Roussillon. Historia

O museo ten a súa orixe na colección numismática do industrial dos tecidos Joseph Puig (1859-1929), quen grazas á fortuna nos seus negocios, construíu en 1907 a propiedade Les Tilleuls, en Perpiñán, deseñada polo arquitecto dinamarqués Viggo Dorph-Petersen. "Histoire de la collection". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig."Présentation du Musée des monnaies et médailles Joseph Puig". Mairie-perpignan.fr

Para evitar a dispersión da súa colección, Puig fixo a cidade de Perpiñán legataria universal de todo o seu patrimonio, sinaladamente as súas propiedades inmobiliarias, a súa biblioteca e as súas diversas coleccións, coa condición de que a colección de moedas e medallas se expuxese permanentemente na vila Les Tilleuls. Esta colección abranguía daquela unhas 30.000 pezas, entre moedas, medallas e outros obxectos afíns."Collections". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.

De 1954 a 1984 estivo aberto no edificio un gabinete numismático para os investigadores e os interesados, e en 1984 creouse formalmente o museo, con máis de 45.000 pezas."Le musée des monnaies et médailles Joseph Puig". Perpignan (Luc.greliche.free.fr).

A colección numismática

Moedas As moedas da colección corresponden a todas as épocas e a unha gran diversidade de países e culturas, desde a Antigüidade ata o euro."Monnaies antiques et étrangères". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig. Ademais das pezas individuais, o museo foi o depositario de diversos tesouros monetarios achados na zona de Perpiñán, entre eles o tesouro de Bompas —de moedas romanas e galas—, o tesouro de Saint-Estève —de moedas de Afonso I de Aragón— e o tesouro de Villeneuve de la Raho —composto por moedas de Pedro I de Aragón—."Trésors et monnaies rares". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.

Tamén forman parte da colección unha boa representación de moedas cuñadas no obradoiro monetario de Perpiñán,"L'atelier monétaire de Perpignan". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig. e un gran número de moedas de necesidade e de fichas e pseudomoedas vinculadas ás institucións eclesiásticas, coñecidas como pallofes na tradición catalá."Autres formes monétaires". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.

Medallas A colección abrangue tamén medallas de ouro, de prata e de bronce, algunhas delas de alto valor histórico. Abundan as de temas relacionados con Cataluña e con personaxes ilustres do Rosellón, pezas de gravadores dos séculos XIX e XX e tamén condecoracións militares."Médailles". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.

A biblioteca A biblioteca de Joseph Puig, que ten a súa sede no terceiro andar do edificio, está especializada en numismática, historia e arqueoloxía, e conta con máis de 5.000 referencias, entre libros e publicacións periódicas, que poden ser consultados mediante unha cita."Bibliothèque". Musée des monnaies et médailles Joseph Puig.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de museos numismáticos Josep Puig i Just

Ligazóns externas Sitio web do museo.

Categoría:Museos de numismática Categoría:Museos de Francia Categoría:Cataluña do Norte