O Museo Numismático de Aruba (papiamento: Museo Numismatico Aruba) foi un museo numismático establecido na cidade de Oranjestad en Aruba.

Historia O museo inaugurouse o 13 de novembro de 1981, e foi fundado por J. Mario Odor, que foi tamén o seu director. Os fondos do museo estaban constituídos pola colección numismática privada de Odor, composta por máis de 35.000 pezas (moedas, papel moeda e selos) non só de Aruba senón de arredor de 400 territorios emisores."The Numismatic Museum of Aruba". Visit Aruba (VisitAruba.com).Alofs, L. (2008). Páxina 62.

O museo era un dos máis completos do Caribe no seu xénero, e amosaba unha visión ampla da moeda do Imperio Romano e da Grecia antiga, da moeda bizantina das emisións das dinatías chinesas, da India e do antigo Exipto, entre outras, así como cuñaxes máis recentes, desde a Idade Media ao mundo contemporáneo.

En 1999, o museo xa non existía e a súa sede estaba pechada."A new destination for the yellow house". Monuments Fund Aruba (Monumentenfondsaruba.com). O seu fundador finou en 2001.

Sede O Museo Numismático de Aruba tivo a súa sede na coñecida como Casa Amarela (papiamento: Casita Geel), erixida en 1908 sobre unha construción anterior de 1860. Tamén albergou outras institucións, como o Banco de Aruba.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Alofs, L. (2008). The Aruba Heritage Report. Aruba National Commission for Unesco.

Outros artigos Lista de museos numismáticos

Categoría:Museos de numismática Categoría:Aruba