Nemo é un nome propio onomástico, hipocorístico, alcume e apelido. É en latín "ninguén" e pode referirse ao alias Outis que Odiseo utilizaba para enganar a Polifemo na Odisea.
Tamén se pode usar como alcume para o nome Xerónimo.
Persoas
Willard Nemo Gaines (1897–1979), xogador de béisbol e capitán naval. Harry Loran Nemo Leibold (1892–1977), xogador de béisbol, que recibe o nome do personaxe de banda deseñada Little Nemo. "Nemo" Antti Niemi (nado en 1983), porteiro finlandés de hóckey sobre xeo. Qiyu Zhou (nada en 2000), xogadora de xadrez e streamer canadense de orixe chinés alcumada Nemo /akaNemsko. Gina Nemo (nada en 1965), actriz estadounidense Henry Nemo (1909–1999), músico, compositor e actor estadounidense. Gina Nemo participou no Henry Nemo Tribute. Louis-Paul Némo, nome de nacemento de Roparz Hemon (1900–1978), estudoso e escritror bretón. Constantin de Grimm, ilustrador de Vanity Fair , de pseudónimo "Nemo". Nemo Ramjet, pseudónimo do artista e escritor CM Kosemen.
Personaxes de ficción
Capitán Nemo, nas novelas de Jules Verne Vinte mil leguas baixo o mar e A illa misteriosa (1870), e as súas adaptacións. Little Nemo, protagonista da banda deseñada Little Nemo in Slumberland de Winsor McCay (1905) Nemo, un peixe pallaso, na película Buscando a Nemo (2003) e na súa secuela Buscando a Dory (2016) Nemo, un personaxe secundario da novela de Charles Dickens Bleak House (1852) Nemo Nobody, o personaxe principal da película Mr. Nobody (2009) Quentin Nemo, un bruxo da novela Orphans of Chaos (2005) O xuíz Nemo, vilán principal do videoxogo Disgaea 4 Nicolas Monroe "Nemo" Makalintal, un personaxe secundario da serie de comedia romántica filipina de 2018 The One That Got Away NEMO, personaxe xogador do videoxogo Ace Combat.
Categoría:Nomes masculinos de orixe latina