José Eiriz Fernández, nado en Buenos Aires cara a 1909 e finado en Lugo o 7 de agosto de 1942, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Labrego en Sabadelle (Chantada). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi detido o 16 de maio de 1939 coas súas irmás Luisa e Aurora. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 767/38 con Antonio Fontao Montenegro e Jesús Pereira Cuñarro, foi condenado á pena de morte. Foi executado en Lugo no monte de tiro de San Cibrao o 7 de agosto de 1942. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en decembro de 1942.BOE, 27-3-1943, 1180.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Expediente procesual de José Eiriz Fernández

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados en 1909