A Piscina Rosario Dueñas é unha piscina municipal que se atopa en Ourense, e que destaca por ser unha das catro piscinas olímpicas de Galicia xunto coa piscina municipal de Riazor (A Coruña), a piscina olímpica municipal de Lieiro (Cervo), e o Complexo deportivo Rías do Sur (Pontevedra). Esta piscina é o fogar e sede do Club Natación Pabellón Ourense xunto ca Piscina Pedro Escudero (25m).

Historia A piscina creouse coa construción do Pavillón dos Remediosinaugurado o día 1 de xuño de 1969 co partido de baloncesto correspondente á Final de Copa entre o Real Madrid e o Joventut de Badalona. No ano 1981 a Corporación Municipal decidiu que a piscina do Pavillón dos Remedios levase o nome da nadadora Rosario Dueñas, (Ourense, 1960), que chegou a ser campioa galega. Unha explosión de propano na súa casa do barrio ourensán das Lagoas detivo a súa carreira deportiva no ano 1979.

Notas

Categoría:Deporte en Ourense Categoría:Arquitectura civil en Ourense Categoría:Ourense sen imaxes Categoría:Piscinas