José Meleiro Fernández, nado en Celanova o 13 de marzo de 1891 e finado o 2 de xullo de 1976, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Farmacéutico de Celanova. Coa ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Celanova en 1926.El Heraldo Gallego, 7-11-1926, p. 15. O 19 de marzo de 1927 recibiu unha homenaxe popular en Celanova.La Región, 22-3-1927, p. 1. Cesou en 1930. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro, sendo o candidato máis votado.

Vida persoal

Casou con Carmen Reza Ulloa. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas A proclamación da II República en Celanova

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Celanova Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Celanova

Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1976