A Aporia crataegi é unha especie de insecto lepidóptero da familia Pieridae.
Descrición O seu aspecto xeral é inconfundible, mostrando unha mancha discoidal de pequeno tamaño sobre un fondo totalmente branco, así como veas de cor negra no macho e pardas na femia. O corpo é de cor gris escuro con antenas en forma de bastonciños. As súas ás son redondeadas e teñen unha envergadura de entre 6 e 8 cm, o que a converte na especie de maior tamaño da súa familia. As femias adoitan ser lixeiramente de maior tamaño e presentan nas ás áreas transparentes. As eirugas son grises e peludas, cunha liña de cor negra sobre o dorso e manchas vermellas.
Distribución Está amplamente distribuída, atopándose no norte de África, Oriente Medio e o resto de Asia entre 40 e 70° N até Xapón. En Europa está presente na maior parte do continente, faltando en gran parte de Noruega e Suecia, illas do Atlántico, illas Baleares, Córsega, Sardeña, Creta e outras illas do Exeo, así como nas illas Británicas, lugar este último onde se atopa extinguida.
Comportamento miniatura|Eiruga.
Fase larval As eirugas agrúpanse para hibernar, construíndo un niño conxunto. Trala hibernación aliméntanse en pequenos grupos ou por separado. A pupa suxéitase colgando das follas, ou en talos de gramíneas.
Período de voo Unha soa xeración (univoltina). No sur de Europa desde mediados de abril a xuño e no norte de Europa desde finais de maio a principios de xullo, aínda que depende da altitude, tempada e localidade.
Alimentación A súa alimentación é diferente á doutras especies parecidas. Aliméntase de árbores froiteiras e espiños, como a ameixeira (Prunus domestica), cerdeira (Prunus avium), pexegueiro (Prunus persica), amendoeira (Prunus amygdalus) e outros como o estripeiro (Crataegus monogyna), a pereira (Pyrus communis) e a maceira (Malus domestica).
Notas
Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de África Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758