A Gonepteryx rhamni é unha especie de bolboreta, da familia Pieridae, que foi descrita orixinalmente, co nome de Papilio rahmni, por Linné, en 1758.http://www.asturnatura.com/especie/gonepteryx-rhamni.html Gonepteryx rhamnihttp://www.learnaboutbutterflies.com/Britain%20-%20Gonepteryx%20rhamni.htm Gonepteryx rhamni - (inglés) http://www.pyrgus.de/Gonepteryx_rhamni_en.html Gonepteryx rhamni - (Inglés)
Descrición Ás anteriores de cor amarela limón no seu anverso, cun pequeno saínte no bordo, cerca do ápice. Reverso lixeiramente verdoso. A femia ten un ton máis branco, co reverso similar e uniforme. Reprodúcese unha soa vez ao ano (maio-agosto). A posta realízase sobre os brotes tenros de Rhamnus, efectuándose a fase de crisálide na mesma planta.
Distribución e hábitat É unha especie moi estendida, desde África até o sur de Escandinavia. En España dáse sobre todo no norte, aínda que é frecuente tamén en Serra Nevada (subespecie meridionalis, descrita por Rober, en 1907, en Alxeria). Adoita vivir en zonas boscosas e húmidas, e é frecuente no piso supramediterráneo. As poboacións adoitan estar moi localizadas e son moi sensibles aos déficits hídricos.
Subespecies
G. r. gravesi G. r. kurdistana G. r. meridionalis G. r. miljanowskii G. r. rhamni G. r. tianshanica
Notas
Véxase tamén Bibliografía Olivares, Francisco Javier; Barea-Azcón, José Miguel e outros (2011): Las mariposas diurnas de Sierra Nevada, Consejería de Medio Ambiente, Junta de Andalucía, Granada, ISBN 978-84-92807-72-7, pp. 186-187.
Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné Categoría:Lepidópteros de África Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia