Sir Tim O'Theo é unha serie de banda deseñada creada polo artista Raf e publicada por primeira vez en 1970 nas revistas Mortadelo e Super Mortadelo da Editorial Bruguera. Algúns dos guións destas historias son obra do novelista Andreu Martín, outros de Ron Clark, e a maioría están escritos polo propio Raf.

Despois de Ediciones B adquirir os dereitos, as historias foron reeditadas entre 1987 e 1991.

Estrutura narrativa A serie é unha parodia das novelas policiais clásicas, especialmente as de Sherlock Holmes, e xira arredor de Sir Tim O'Theo, un aristócrata británico que resolve enigmas, e o seu mordomo Patson.Matías Guiu, Armando, con fragmentos dunha entrevista a Raf, para Comic Story-4, Bruguelandia, Editorial Bruguera, Barcelona, 26/10/1981, páx. 30 a 31.

A acción transcorre no pobo ficticio de Bellotha Village, preto de Londres. As historias son breves e xeralmente conclúen cun problema que inicialmente parece insolúbel pero acaba sendo trivial.

A serie conta tamén cun variado elenco de personaxes secundarios, como policías locais ineptos e pantasma molestas.El Sir o no Sir en Lady Filstrup

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Sir Tim O'Theo en Rue Bruguera, 13. Sir Tim O'Theo en Comicsphere. Raf, o dandy que creou Sir Tim O'Theo, artigo no xornal El Periódico. Raf, o pai de Sir Tim O'Theo, artigo no suplemento Culturas do xornal La Vanguardia.

Categoría:Detectives de ficción Categoría:Banda deseñada