Juan Brasa Sánchez, nado en Ourense en 1891 e finado na mesma cidade en setembro de 1982, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo de Ángela Sánchez Millán e do coronel da Garda Civil Constantino Brasa Rodríguez, instalados en Ourense. Maurista, foi redactor de La Acción (1916) e despois correspondente do periódico en Buenos Aires. En 1919 era redactor xefe do Diario Español da Habana.La Región, 30-12-1919, p. Retornado a España foi director de Los Hombres Libres (1923), onde expresou o seu rexeitamento os vellos dirixentes políticos;Los Hombres Libres dirixiu España de Hoy (1929) e colaborou en La Voz de Galicia, onde fixo crítica taurina. De carácter impulsivo, sostivo un duelo e tivo varios enfrontamentos. Defensor a ultranza do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi nomeado delegado para Galicia da Oficina de Prensa e Propaganda da Junta de Defensa Nacional a principios de agosto.La Voz de Galicia, 26-8-1936, p. 4. O 31 de agosto visitou Pontevedra,El Pueblo Gallego, 1-9-1936, p. 3. e o 4 de setembro mativo unha reunión cos representanes da prensa de Vigo.El Pueblo Gallego, 5-9-1936, p. 1. En setembro e outubro pronunciou alocucións en Radio Vigo.El Pueblo Gallego, 8-9-1936, p. 1.El Pueblo Gallego, 3-10-1936, p. 2. En outubro de 1937 foi enviado pola Delegación de Prensa e Propaganda como subdirector e redactor xefe de La Ametralladora, onde asinaba co pseudónimo El Legionario de la Pluma.El Pueblo Gallego, 22-10-1937, p. 2. Colaborou en El Ideal Gallego. En 1964 foi nomeado crítico de touros de España de Tánxer. Pasou os seus últimos anos no Hotel Miño de Ourense, onde faleceu en setembro de 1982.La Voz de Galicia, Ourense, 10-9-1982, p. 23.
Obras Posada y Belmonte, 1913. Canalladas. Escritores, políticos, toreros, 1915. Artistas, personajes, granujas (Gente conocida), 1917. El torero gallego "Celita", 1919. Mi ultima jugada. Monólogo en prosa. España y la Legión (cómo viven, luchan y triunfan los Caballeros Legionarios), 1938. Momento español (comentarios libres de un periodista independiente), 1950.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1982