Alberto "Berto" Cayarga Fernández, nado en Avilés o 17 de setembro de 1996, é un futbolista español que xoga como extremo no Real Unión, da Primeira Federación.
Traxectoria Naceu en Avilés o 17 de setembro de 1996, xunto ao seu irmán xemelgo bivitelino Jorge, e comezou a xogar ao fútbol no colexio El Quirinal, ingresando en idade benxamín nas categorías inferiores do Navarro CF da propia cidade asturiana. Xogou neste club xunto a Jorge ata 2013, cando se incorporou en idade xuvenil ao Llano 2000, chegando a debutar co primeiro equipo na Rexional Preferente. En 2014 fichou polo Sporting de Gijón e en xullo de 2015, tras rematar a súa etapa xuvenil, foi cedido por un ano ao Langreo, da Tercera División.
Ao regresar a Xixón, aceptou un contrato por dous anos e foi destinado ao Sporting B, tamén na cuarta categoría. Na primeira tempada contribuíu ao ascenso do equipo filial á Segunda División B e na seguinte, xa na categoría de bronce, conseguiu a maior cifra anotadora da súa carreira, con 9 goles, axudando o equipo a acadar a promoción de ascenso.
En agosto de 2018 asinou un contrato de dous anos co Racing de Santander, tamén de Segunda B. Foi titular na maioría de partidos do conxunto cántabro, que acabou conseguindo o ascenso á Segunda División.
Debutou na categoría de prata o 17 de agosto de 2019, nunha derrota por 0-1 no Sardinero ante o Málaga. O 31 de xaneiro seguinte, o club rescindiu o seu contrato, e a continuación o xogador asinou por seis meses co FC Cartagena da Segunda B.
No equipo de Cartaxena, con Borja Jiménez no banco, Cayarga conseguiu o seu segundo ascenso consecutivo a Segunda. Marcou o seu primeiro gol na categoría o 6 de febreiro de 2021, nunha vitoria por 2-0 ante o Real Oviedo. Xogou dous anos co club murciano en Segunda, sumando un total de 83 partidos e 7 goles co equipo.
Despois duns meses sen equipo, en decembro de 2022 marchou a Polonia, onde fichou polo Radomiak Radom, da Ekstraklasa. Disputou 16 partidos no que restaba de tempada, e iniciou a seguinte tamén no mesmo club, pero pouco despois solicitou a liberación do seu contrato para poder regresar a España.
Así, o 24 de agosto de 2023 asinou un contrato de dous anos co Deportivo da Coruña, da Primeira Federación. Contou con varias titularidades na primeira metade da tempada, pero apenas disputou minutos a partir de decembro. Despois de varios meses sen xogar, reapareceu en abril e regresou ao once inicial de Imanol Idiakez na penúltima xornada de liga, co equipo xa coroado como campión do seu grupo. Pechou o seu paso polo club galego cun total de 18 encontros, 7 deles como titular, antes de que o seu contrato fose rescindido en agosto de 2024.
Trala súa saída da Coruña anunciouse a súa fichaxe polo Real Unión.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e Copa Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesLangreo2015/16Terceira284 - -40324Sporting de Gijón B2016/17Terceira275 - -1504252017/18Segunda B357 - -102459Total club6212002528714Racing de Santander2018/19Segunda B35440404342019/20Segunda7010 - -80Total club4245040514Cartagena2019/20Segunda B61 - -10712020/21Segunda37210 - -3822021/22Segunda36321 - -384Total club 73 5 3100 766Radomiak Radom2022/23Ekstraklasa16000 - -1602023/24Ekstraklasa2000 - -20Total club1800000180Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF 16 0 200 0 180Real Unión2024/251ª RFEF30100 - -301Avilés2025/261ª RFEF20210 - -212Total carreira 295 28 11134 2 34031
Palmarés Racing de Santander Segunda División B (1): 2018/19.
Cartagena Segunda División B (1): 2019/20.
Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Avilés Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón B Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Unión