Marcelino Calviño Pato, nado en Santiago de Compostela cara a 1900 e finado na Coruña en 9 de marzo de 1938, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria Instalado na Coruña como carpinteiro. Membro da Sección de carpinteiros do ramo da construción da CNT e da FAI. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado e formou parte dunha rede clandestina de militantes confederais. Detido no verán de 1937, foi xulgado por rebelión militar o 30 de outubro xunto con José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado, Felisardo Brandariz Souto, Manuel Lantes Fernández, Juan Aguiar Brandariz, Juan Couso Martín e Roberto Seoane Ferreiro,La Voz de Galicia, 31-10-1937, p. 3. e condenado a pena de morte. Foi fusilado o 9 de marzo de 1938 xunto con Cándido Sánchez Rodríguez, José Brandariz Ramos, Jaime Baella Pérez, Ángel Fernández Fernández, Ricardo Martín González, Jesús López Casado e Felisardo Brandariz Souto.El Compostelano, 10-3-1938, p. 2.La Voz de Galicia, 11-3-1938, p. 2.
Vida persoal Casou con Purificación García Fernández e foi pai de Carmen, Amparo e Hortensia Calviño García. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Carpinteiros