Estasino (en grego antigo: Στασῖνος, en latín: Stasinus) foi un poeta épico da antiga Grecia orixinario de Chipre e de natureza semilendaria.
Traxectoria Na Antigüidade dicíase que era o autor das cancións chipriotas, un dos poemas que formaba parte do ciclo troiano, que narraba a guerra de Troia e que podía datar do século -VIII. Segundo Focio, Ateneo de Náucratis consideraba que o autor desta obra Hexesias de Salamina, e tamén di que fora atribuída ao propio Homero, quen a escribiría con motivo da voda da súa filla con Estasino. Demódamas de Halicarnaso atribuíu a obra a un nativo de Halicarnaso.
O poema presupuña un coñecemento da Ilíada, e contaba o que acontecera antes do que describe o poema homérico. Contiña un relato do Xuízo de Paris, o secuestro de Helena, o abandono de Filoctetes na illa de Lemnos, a chegada dos aqueos ás costas de Troia e a primeira batalla fronte á cidade. É posíbel que o Catálogo dos troianos que se atopa no segundo libro da IlíadaIlíada, II 816-877. situado despois do Catálogo dos barcos, fose unha copia ou extracto dos Cantos Ciprios, que se sabe que contiña unha lista de troianos. O contido da obra coñécese grazas á Chrestomatia de Proclo, resumida por Focio na súa Biblioteca. Platón, no seu diálogo Eutifrón, pon citas das obras de Estasino en boca de SócratesPlatón, Eutifrón, 12 a-b..
Notas
categoría:Nados en Chipre Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Grecia antiga Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Épica Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Poetas en lingua grega