Demódamas ou Demodamante (en grego antigo: Δημοδάμας, en latín: Demodamas), fillo de Arístides, foi un xeneral seléucida e escritor grego nado en Mileto ou, segundo outros, en Halicarnaso. Traxectoria Serviu como xeneral dos seléucidas na época de Seleuco I Nicátor e Antíoco I SóterPlinio o Vello, Naturalis Historia, VI 16., e foi sátrapa de Bactria e Sogdiana. A partir das súas campañas e das súas experiencias escribiu unha obra autobiográfica na que describiu as provincias que gobernou e conquistou, que foi utilizada por numerosos xeógrafos posteriores como Plinio o Vello e Estevo de Bizancio. Ateneo de Naucratis di que tamén escribiu unha obra sobre a cidade de HalicarnasoDemodamas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 977.
Notas
Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Grecia antiga Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados en Turquía categoría:nados no século -IV categoría:finados no século -III