Anthocharis euphenoides é un lepidóptero ropalócero da familia Pieridae. (Staudinger, 1869).

Distribución Habita a Península Ibérica incluída Andorra, outros puntos de Francia (desde Alta Garona até o Macizo Central e Provenza), en Ticino en Suíza e en varios puntos de Italia (moi local: Lacio, Abruzos). Ausente ao noroeste de Portugal. Está presente de 0 a 1800 m.

Morfoloxía A eiruga é gris azulada con pequenas manchas negras brillantes excepto unha franxa por riba dos espiráculos que é unicamente branca cara a gris azulada punteada de negro. Presenta unha liña dorsal amarela. A parte inferior da eiruga tamén é amarela. Recuberta dunha pilosidade curta e escasa.

O imago presenta variación de coloración entre ambos os sexos. O macho é amarelo limón cunha prominente mancha laranxa no ápice alar culminada por unha zona marrón. A femia, en cambio, é branca cunha mancha no ápice laranxa e marrón e unha mancha negra nas ás anteriores. Reverso das ás posteriores amarela con manchas verdes oliva nos dous sexos.

Hábitat Áreas secas con flores, normalmente cálidas; marxes de campos de cultivo. A eiruga aliméntase de Biscutella, preferentemente de Biscutella laevigata e Biscutella auriculata.

Período de voo Voa nunha única xeración entre abril e xullo. Nalgunhas localidades a partir de marzo. Hibernación como pupa sobre plantas mortas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Eurobutterflies (inglés) Insectarium Virtual (castelán) Moths and Butterflies of Europe and North Africa (inglés)

Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia Categoría:Animais descritos en 1869