miniatura|Situación do océano Paleo-Tetis hai uns 280 millóns de anos. miniatura|Situación do océano Paleo-Tetis hai uns 380 millóns de anos.Stampfli & Borel 2000 - Tethyan Plate Tectonic working group of the Institut of Mineralogy and Petrography, University of Lausanne O Paleo-Tetis, Paleotetis ou océano Paleo-Tetis foi un océano localizado na marxe norte do paleocontinente Gondwana que empezou a abrirse durante o Cámbrico medio, creceu durante o Paleozoico e pechouse finalmente durante o Triásico tardío; existindo durante uns 400 millóns de anos.
O Paleo-Tetis foi o precursor do mar de Tetis (tamén chamado Neo-Tetis ou Neotetis) que estaba situado entre Gondwana e os terreos húnicos (fragmentos continentais que se desprenderon de Gondwana e movéronse cara ao norte). Abriuse conforme o océano Proto-Tetis subducía baio eses terreos e pechouse a medida que os terreos de Cimeria (que tamén se desprenderon de Gondwana en dirección norte) deixaron paso ao mar de Tetis. Un tanto confusamente, o Neo-Tetis defínese ás veces como o océano do sur dunha hipotética dorsal mesooceánica que separaba a Gran India de Asia, e nese caso o océano entre Cimeria e a dorsal hipotética chamouse Meso-Tetis.
Os denominados terreos húnicos divídense en Húnico europeo (hoxe a codia baixo partes de Europa ―chamada Armórica― e Iberia) e Húnico asiático (hoxe a codia de partes do sur de Asia). Unha gran falla transformante separaba os dous terreos.
O papel que desempeñou o Paleo-Tetis no ciclo supercontinental, e especialmente na rotura de Panxea, está aínda sen resolver. Algúns xeólogos argumentan que a apertura do Atlántico Norte desencadeouse pola subdución de Pantalasa baixo as marxes occidentais das Américas, mentres que outros argumentan que o peche do Paleo-Tetis e Tetis tivo como resultado a rotura. No primeiro escenario, unhas plumas do manto causarían a apertura do Atlántico e a rotura da Panxea e o peche do dominio do Tetis foi unha das consecuencias deste proceso; no outro escenario, as forzas lonxitudinais que pecharon o dominio do Tetis transmitiríanse latitudinalmente no que hoxe é a rexión mediterránea, o que tería como resultado a apertura inicial do Atlántico.;
Historia miniatura|200px|Imaxe do océano Paleo-Tetis antes de que a placa cimérica se movese cara ao Norte, o que fixo que se pechase o océano, o océano Paleo-Tetis pechouse hai uns 180 Ma. Imaxe de hai ~290 Ma (Permiano temperán). 200px|miniatura|A placa cimérica empeza a moverse cara ao norte, pechando o Paleo-Tetis, mentres que o mar de Tetis empezou a abrirse desde o sur. Imaxe de hai ~249 Ma (límite Permiano-Triásico).
O océano Paleo-Tetis empezou a formarse cando a extensión tras-arco separou os terreos húnicos europeos de Gondwana no Ordovícico tardío, para empezar a moverse cara a Euramérica (tamén coñecido como continente do arenito vermello antigo) no norte. No proceso, a placa baixo o océano Reico entre Euramérica e os terreos húnicos europeos subducían e os rifts desta placa orixinaban a formación dun pequeno océano Renoherciniano que durou ata o Carbonífero tardío.
No Devoniano temperán abríronse as partes leste do Paleo-Tetis, cando os terreos húnicos asiáticos, incluíndo os mirocontinentes da China do Norte e China do Sur, movéronse cara ao norte.
Estes eventos causaron que o océano Proto-Tetis se acurtase ata o Carbonífero tardío, cando os bloques chineses colidiron con Siberia. Porén, no Carbonífero temperán, desenvolveuse unha zona de subdución ao sur dos terreos húnicos europeos consumindo a codia oceánica do Paleo-Tetis. Gondwana empezou a moverse ao norte e no proceso pecharíase a parte occidental do Paleo-Tetis.
No Carbonífero tivo lugar unha colisión continental entre o continente do arenito vernmello antigo e o terreo húnico europeo, en América do Norte isto chamouse oroxenia allegheniana, en Europa oroxenia varisca. O océano Reico desaparecera completamente e o oeste do Paleo-Tetis estaba pechándose.
No Permiano tardío, a pequena e alongada placa de Cimeria (a codia das actuais Turquía, Irán, Tíbet e partes do sueste asiático) separouse de Gondwana (que entón era parte de Panxea). No sur do continente cimérico creouse un novo océano, o mar de Tetis. No Triásico tardío, todo o que quedaba do Paleo-Tetis era un estreito canal marítimo.
No Xurásico tardío, como parte da oroxenia alpina, a codia oceánica do Paleo-Tetis subducía baixo a placa cimérica, pechando o océano de oeste a leste. Un último resto do océano Paleo-Tetis podería ser unha sección de codia oceánica baixo o mar Negro (Anatolia, ao sur dese mar, é parte do continente cimérico orixinal que formou a fronteira sur do Paleo-Tetis.)
O océano Paleo-Tetis atopábase onde hoxe están o océano Índico e o sur de Asia. O ecuador discorría por este mar, polo que tiña un clima tropical. As costas e illas probablemente albergaban densos bosques carboníferos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Mapa do Carbonífero tardío - en PaleoMap Project; unha boa imaxe do océano Paleo-Tetis antes de que a placa de Cimeria se movese cara ao norte. Paleo-Tetis e Proto-Tetis - en global history
Categoría:Paleoxeografía Categoría:Paleozoico