A espada de lingua de carpa é un tipo de espada producida orixinalmente durante a Idade do bronce atlántico, inicialmente en Francia para logo estenderse por toda a Europa atlántica. Foi o primeiro modelo de espada capaz de combinar a capacidade de corte e de estocada.
Características Caracterízanse pola ampla variabilidade morfolóxica e por unha gran dispersión xeográfica, que chegou ao oeste a Galicia, ao leste a Polonia, ao norte ás illas británicas e ao sur a Sicilia. Morfoloxicamente clasifícanse normalmente pola forma do recazo (parte sen fío da espada) ou pola forma da empuñadura.
A folla de bronce era ancha, de bordos paralelos, cunha punta pronunciada, a "lingua da carpa", de aí o nome, tan grande como un terzo da propia folla; o mango, como noutros exemplos de espadas da Idade do Bronce, era de metal, fixado á folla mediante remaches (dous ou catro).
Notas
Véxase tamén
Espadas da Idade de Bronce Espada de antenas
Categoría:Espadas Categoría:Idade de Bronce Categoría:Obxectos arqueolóxicos