Marcelino Fernández Fernández, coñecido como Marico e Nalón, nado en La Perea (Mieres) en 1909 e finado en Piloña o 1 de novembro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista asturiano.

Traxectoria Chegou a Lugo en 1945. Logrou fuxir da caída da estrutura provincial do PCE de Lugo en febreiro de 1945. Foi reclamado en abril de 1946 polo xuíz militar da Coruña como encartado na causa 75/46 xunto con Ángel Asareo Rivas, Marcelino Fernández Villanueva, Marcelino Rodríguez Fernández, Rafael Casabella Souto, Guillermo Lozano, Víctor López Rodríguez, José Santiago Temprano, José Castro Veiga, José Basanta Basanta, Luis Sánchez Vázquez, León Araújo, Ciriaco Arroyo, Ángel Álvarez Rego e Antonio Somoza.La Voz de Galicia, 3-4-1946, p. 2. Detido, foi xulgado por rebelión militar en consello de guerra na Coruña na peza separada da causa 75/46 de Lugo contra Enriqueta Otero e outros, o 4 de abril de 1949.El Ideal Gallego, 5-4-1949, p. 7.La Voz de Galicia, 5-4-1949, p. 2.

Foi tiroteado pola Garda Civil cando saía cos guerrilleiros Manuel Rubio González e Paulino Alonso Pachón dunha casa en El Texedal de Sevares (L'Infiestu, Piloña) o 1 de novembro de 1949.Vida y muerte de los MacicosTexedal-casa mueret Marico

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Mieres Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1949