San Xián de Brivate, ou San Xián de Brioude, coas variantes Xulián, Xullán, Xillao e Xiao, foi un mártir cristián, que morreu na Galia arredor do ano 304. A súa festa litúrxica celébrase o 28 de agosto.

Tradición Segundo a Passio s. Juliani martyris, Xián sería de Vienne (Isère), no Ródano. Era un soldado romano e cristián, como Ferréol, que era o seu amigo e oficial superior. Fuxiu ante o anuncio da persecución e refuxiouse en Auvernia, nos arredores de Vienne, a súa provincia de orixe.

Foi apresado preto de Brioude polos gardas enviados polo gobernador de Vienne, chamado Crispin. Inmediatamente foi decapitado e a súa cabeza devolta a Vienne. A passio s. Juliani non proporciona ningunha referencia cronolóxica, a conexión coa persecución de Diocleciano de 304 é apócrifa pero plausible, xa que a persecución de Diocleciano dirixiuse particularmente ao exército. Así mesmo, a data da súa execución, segundo Gregorio de Tours, foi descoñecida polos habitantes de Brioude ata que o bispo Germán de Auxerre (falecido en 448) a fixou o 28 de agosto despois dunha revelación..

Santiago de Voráxine, na Lenda àurea escribe que cando o gobernador Crispín enviou un dos seus homes a matalo, Xián saíu ao seu encontro voluntariamente e ofreceuse como mártir. A súa cabeza foi logo mostrada a San Ferreol, quen foi ameazado co mesmo destino se non sacrificaba aos deuses. El negouse e foi executado.Tribuno en las legiones romanas, cristiano sufrió martirio el año 303 o 304: cfr. Ferréol de Vienne en Wikipedia en francés. Logo, o seu corpo e a cabeza de San Xián foron colocados na mesma tumba.

Xián, Ferreol e Galicia Segundo algunhas fontes, o seu amigo Ferreol foi quen recolleu o seu cadáver. Mamerto, o bispo de Vienne, decidiu enterrar posteriormente os restos de Ferreol, tamén mártir, coa cabeza de Xián.

Segundo Gregorio de Tours, a primeira igrexa na honra de San Xián foi feita por unha hispana que ía de camiño a Tréveris, onde estaba preso o seu home. Quizais a historia entronque aquí cos priscilianistas executados en Tréveris, entre os cales había un Xián. A presenza do priscilianismo daquela fai florecer a hipótese de que o seu home puidese ser seguidor de Prisciliano. Quizais fose ela quen trouxo a devoción a San Xián e San Ferreol daquela, aínda que tamén hai fontes que apuntan cara aos cluniacenses.

Confluencia con Xián do Hospitaleiro e Xián de Antioquía Ao redor do nome de San Xián existe un grao considerable de confusionismo entre as figuras de Xián o Hospitaleiro, Xián de Brivate e Xián de Antioquía, entre outros. Existen, entre eles, unha mestura de datos biográficos, cronolóxicos e iconográficos. Polo tanto, non é doado establecer unha división clara.

Notas

Categoría:Militares da Roma antiga Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia