A Melitaea trivia é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae descrito por Denis & Schiffermüller en 1775.Tolman (2009) http://www.eurobutterflies.com/sp/trivia.php Melitaea trivia miniatura|275x275px|Melitaea trivia.

Distribución Distribúese polo sur de Europa, Turquía, Oriente Medio, Irán, Afganistán, sur de Rusia, Kazakhstán, norte de Paquistán e norte da India. Na Península Ibérica atópase na Cordilleira Cantábrica, poboacións ao norte e centro e algunha illada nas principais serras andaluzas.

Hábitat Zonas con flores, cálidas e secas; tamén campos de cultivo abandonados. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Verbascum, na Península Ibérica sobre todo de Verbascum thapsus e Verbascum pulverulentum.

Período de voo e hibernación Bivoltina, dúas xeracións ao ano: a primeira entre mediados de abril e comezos de maio e a segunda entre xuño e agosto. Hiberna como eiruga en niños de seda.

Descrición

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biodiversidad Virtual European Butterflies (inglés) Asturnatura

Categoría:Lepidópteros de Asia Categoría:Lepidópteros de Europa Categoría:Bolboretas de Galicia