Olivia Last nada o 12 de decembro de 2004 é unha xogadora de hóckey sobre xeo australiana. Xoga de porteira e dende 2023 forma parte do equipo do TPS, que compite na Naisten Liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia. Traxectoria
Irmá dos tamén xogadores Harrison Last (xemelgo) e Matthew Last, formouse no UKH Dębica polonés. Chegou a Finlandia na tempada 2019-20, con tan só 15 anos. O seu primeiro equipo no país nórdico foi o RoKi de Rovaniemi, co cal esa mesma tempada disputou seis partidos na Naisten Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo feminino, nos que rexistrou un 90,1 % de paradas e conseguiu un shutout. Na tempada debut co equipo de Laponia conseguiu o ascenso á Naisten Liiga, participando en dous partidos da serie de cualificación. Na primavera de 2023, logo de catro tempadas no RoKi, Last fichou polo TPS de Turku, tamén da Naisten Liiga, co que rexistrou o segundo shutout da súa carreira en Finlandia na primeira vitoria da tempada do TPS (1-0), acadada na prórroga fronte o Team Kuortane.
Notas
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Xogadoras do RoKi Naiset Categoría:Xogadoras do TPS Naiset