Andrew Christian Zabriskie, nado en Nova York o 30 de maio de 1853 e finado en Barrytown-on-Hudson, estado de Nova York, o 15 de setembro de 1916, foi un home de negocios e numismático estadounidense.

Traxectoria

Orixe familiar e formación Zabriskie naceu en Nova York o 30 de maio de 1853, fillo de Sarah Jane Titus (1822-1892)"Sarah Jane Titus Zabriskie". Findagrave.com e de Christian Andrew Zabriskie (1806-1879),"Christian Andrew Zabriskie". Findagrave.com un destacado membro da Igrexa Episcopal do condado de Bergen, en Nova Jersey.Van Alen, J. M. (1900). Hall, H. ed. (1895).

Os seus avós paternos eran Mary Ryerson — descendente directa de Joris Jansen Rapelje, membro do Consello dos Doce Homes na colonia dos Novos países Baixos—,Genealogical Record. Saint Nicholas Society of the City of New York. Vol. 1. The Saint Nicholas Society of the City of New York. 1916. Páxina 62. e Andrew Christian Zabriskie, nado en Paramus, Nova Jersey. descendente de Albrycht Zaborowski, que abandonara a Prusia ducal tras a Guerra dos Trinta Anos e chegara a Nova Ámsterdam no barco neerlandés De Vos en 1662.Wright, Kevin. "Zabriskie Family History". Bergen County Historical Society (Bergencountyhistory.org)."A.C. Zabriskie Dies". En The New York Times. 16 de setembro de 1916.

Os seus avós maternos foron Maria Gardner e o capitán William M. Titus, que participou na Guerra de 1812.

Zabriskie educouse en escolas privadas e posteriormente graduouse na Escola de Minas da Universidade Columbia.

Negocios Zabriskie era un dos maiores propietarios inmobiliarios da cidade de Nova York e dedicaba gran parte do seu tempo á xestión dese patrimonio, en boa medida de orixe familiar. A súa oficina estaba no número 52 de Beaver Street, nun edificio construído polo seu avó, William M. Titus, en terreos que foran xa propiedade do seu bisavó, Thomas Gardner, "un rico residente de Paramus, cun carácter un tanto excéntrico". Tamén foi presidente da compañía Bergen Turnpike, que se constituíu orixinalmente en 1802 co coronel John Stevens como primeiro presidente.

Servizo militar En 1873, Zabriskie alistouse na Compañía B do 7º Rexemento da Garda Nacional do Estado de Nova York,Smith, P. (2012)."Obituary: Andrew C. Zabriskie". En The Numismatist. Novembro de 1916. Páxina 520. e serviu como inspector de prácticas de fusil para o 71º Rexemento, onde exerceu como capitán da Compañía C ata a súa renuncia en 1897. Desde aquela foi coñecido como Capitán Zabriskie durante o resto da súa vida. Zabriskie doou un trofeo de bronce, coñecido como o Trofeo Zabriskie, que mantivo a súa disputa con carácter anual entre as compañías do 71º Rexemento"."Will Try to Break Weston's Record.; Company D Takes Zabriskie Trophy. Metropolitan Handicap Weights". En The New York Times. 18 de abril de 1908.

Numismática e erudición miniatura|Retrato e sinatura de Andrew C. Zabriskie.Hall, H. ed. (1895). America's Successful Men of Affairs. Encyclopedia of Contemporaneous Biography. Vol 1. The New York Tribune, Nova York. Páxina 750.|355x355pxLogo de adscribirse á American Numismatic and Archaeological Society en 1874, Zabriskie pasou a ser membro vitalicio en 1894. Nesta institución ocupou o cargo de terceiro vicepresidente do 16 de marzo de 1880 ao 18 de marzo de 1884; logo o de vicepresidente primeiro, do 18 de marzo de 1884 ao 16 de marzo de 1896; finalmente, foi escollido presidente da entidade o 16 de xaneiro de 1896, posto do que dimitiu o 6 de xaneiro de 1904, en sinal de protesta, logo dunha crise financeira na que avogou pola fusión da Sociedade coa New York Historical Society, proposta que foi rexeitada polos membros da xunta directiva."Zabriskie, Andrew C. (Andrew Christian), 1853-1916". American Numismatic Society (Mumismatics.org). Foi sucedido no seu cargo de presidente por Archer M. Huntington."Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society (Mumismatics.org). En 1908 foi nomeado presidente honorario da American Numismatic and Archaeological Society.

A súa colección persoal de moeda estadounidense contiña pezas moi notables —entre elas un exemplar do escasísimo "dobrón Brasher"—, e en ocasións Zabriskie utilizaba as súas influencias para as adquirien condicións vantaxosas, como na compra das moedas de ouro provenientes da colección de August Humbert, á que accedeu nunha operación privada antes de que a oferta se fixese pública. Finalmente, en 1909 vendeu a súa colección a través dunha poxa pública levada a cabo por Henry Chapman, cun valor total de venda de 26.235 dólares da época.

Tamén amosou interese polas medallaa. Estaba especialmente orgulloso da súa colección de medallóns de Abraham Lincoln","Medallions of Lincoln.; Andrew C. Zabriskie Exhibits Some and Reads a Paper". En The New York Times. 18 de decembro de 1891 un tema sobre o que pronunciou varias conferencias e publicou un catálogo, titulado A descriptive catalogue of the political and memorial medals struck in honor of Abraham Lincoln (1873) de cuxa edición, de soamente 75 exemplares, se encargou el mesmo.Zabriskie, A. (1873). A descriptive catalogue of the political and memorial medals struck in honor of Abraham Lincoln. Nova York."Our Political Medals; Andrew C. Zabriskie on United States History as Illustrated by Them". En The New York Times. 3 de decembro de 1897.

Á parte da American Numismatic and Archaeological Society, Zabriskie foi membro doutras sociedades eruditas e recreativas, como a Sociedade de San Nicolás, a Sociedade Holandesa,"Andrew Christian Zabriskie". En Year Book of the Holland Society of New-York. Holland Society of New York. 1917. Páxinas 277-278. a Sociedade de Guerras Coloniais, a Sociedade Militar da Guerra de 1812, o Union Club de Nova York, o Army and Navy Club, o Riding Club, o Aero Club of America, e o Metropolitan Club.

Política No condado de Duchess, foi membro do Comité Executivo Estatal Demócrata e presidente da Xunta de Supervisores do condado de Duchess. En 1879, foi tesoureiro dos Republicanos Independentes na "revolta contra a reelección do gobernador Cornell".

En 1908 foi designado candidato demócrata para representar o distrito 21 de Nova York no Congreso dos EEUU."Democrats to Make Fight.; Andrew C. Zabriskie Nominated in Lieut. Gov. Chanler's Congress District". En The New York Times. 1 de outubro de 1908. Enfrontouse ao daquela tesoureiro adxunto dos Estados Unidos, Hamilton Fish II, fillo do ex-senador e secretario de Estado Hamilton Fish."Terry to Succeed Fish.; Appointed Assistant Treasurer of the United States at New York. City Seeks to Learn Lighting Cost". En The New York Times. 14 de novembro de 1908. Lewis Stuyvesant Chanler, que se presentaba a gobernador contra o republicano Charles Evans Hughes —máis tarde secretario de Estado e presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos—"Chanler's Pigs, $15,000 - and not Delivered Yet - Andrew C. Zabriskie Learns Some Things About Dutchess Politics". En New-York Tribune. 28 de outubro de 1908. Páxina 3. Tanto Zabriskie como Chanler perderon as súas candidaturas."City Vote". En The New York Times. 4 de novembro de 1908."Taft Wins". En The New York Times. 4 de novembro de 1908. Fish acadou 22.832 votos, fronte aos 19.725 de Zabriskie.United States Congress (1910). Official Congressional Directory. U.S. Government Printing Office. Páxina 84.

Vida persoal

Familia miniatura|352x352px|A súa filla, Julia Zabriskie, en 1915."Julia Zabriskie [in costume]". Library of Congress. O día 6 de xuño de 1895, Zabriskie casou con Frances Hunter (1866-1951), na igrexa presbiteriana de Madison Square. Frances era filla de Juliana M. W. Zabriskie e de Charles Frederick Hunter, expresidente do People's Bank of New York."Zabriskie--Hunter". En The New York Times. 7 de xuño de 1895. Xuntos foron pais de dous fillos:"A Dance for Debutante.; Mrs. A.C. Zabriskie Entertains for Her Daughter at Metropolitan Club". En The New York Times. 3 de febreiro de 1916. Julia Romeyn Zabriskie (1897-1931)"Julia Z. Jones Dies in 11-Story Plunge". En The New York Times. 14 de outubro de 1931. e Christian Andrew Zabriskie (1899-1970),"Deaths". En The New York Times. 8 de maio de 1970. coñecido bibliófilo e coleccionista de arte."Bard Getting Gift of $335,000 Zabriskie Estate | Grant Adds 825 Acres, Buildings to College Campus". En Poughkeepsie Journal. 30 de outubro de 1951. Páxina 1.

Residencias En Nova York, os Zabriski viviron no número 12 de East 30th Street, no número 2 de West 56th Street e no número 34 de West 53rd Street. Ademais, posuían dúas propiedades no campo: Province Island, no lago Memphramagog, e Blithewood, en Blithewood-on-Hudson, en Nova York.

Province Island —ou Île de la Province—, con máis de 400.000 metros cadrados, era a illa máis grande do lago Memphramagog e estaba situada na súa maior parte en Magog, Quebec, Canadá, cunha pequena porción no extremo sur situados en Newport, Vermont.Farfan, M. (2009). The Vermont-Quebec Border: Life on the Line. Arcadia Publishing. Páxinas 38-39. ISBN 9780738565149 Arredor de 1886, Zabriskie construíu unha gran mansión, un alboio para botes e un embarcadoiro no lado canadense, e a illa pasou a coñecerse como Illa de Zabriski.Malloy, B. K. (2004). Newport and the Northeast Kingdom. Arcadia Publishing. Páxina 66. ISBN 9780738535531 En 1917, logo do seu pasamento, a illa foi adquirida por Benjamin Howard, pai do senador canadense Charles Benjamin Howard, e pasou a chamarse Illa de Howard. Cara a 1968, a residencia construída por Zabriskie foi derrubada por mor do alto custo do seu mantemento."The History of Province Island". Magog & Lake Memphremagog (Magogquebec.ca).

En 1899, Zabriskie comprou Blithewood, unha parte dos inmensos terreos de John Bard, e encargoulle ao prestixioso arquitecto Francis L. V. Hoppin que derrubase a antiga casa e que construíse unha nova mansión de tipo xeorxiano de 42 habitaciones en estilo Beaux-Arts."Big Estate Given to Bard College; C.A. Zabriskie's $330,000 Gift Increases Size of School's Campus Almost 20-Fold". En The New York Times. 31 de outubro de 1951.

Morte O 15 de setembro de 1916, Zabriskie finou en Blithewood, a súa casa de campo en Barrytown-on-Hudson, despois dunha doenza de varios meses,"CAPT. Andrew C. Zabriskie Dies at His Country Home After Illness of Several Months". En The Sun. 16 de setembro de 1916. Páxina 5. e foi soterrado no cemiterio Woodlawn, no Bronx."CPT Andrew Christian Zabriskie". Findagrave.com O seu patrimonio, composto principalmente por bens inmobles con valor estimado de entre cinco e dez millóns de dólares, quedou enteiramente en mans da súa viúva."Fortune to Mrs. Zabriskie; Widow Gets the Entire Estate of Wealthy Realty Holder". En The New York Times. 22 de setembro de 1916 Logo do falecemento desta en 1951, o fillo de Zabriskie doou a maior parte dos terreos de Blithewood, incluíndo a súa casa principal, outras sete casas, tres celeiros e dous garaxes, a cambio de só un dólar."Blithewood North Lawn: Bard College". Bard College Archives (Hrvh.org). Hoxe Blithewood é a sede do Instituto de Economía Levy."Blithewood Mansion, Bard College". Levy Economics Institute (Levyinstitute.org).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Hall, H. ed. (1895). "Andrew Christian Zabriskie". En America's Successful Men of Affairs. Encyclopedia of Contemporaneous Biography. Vol 1. The New York Tribune, Nova York. Páxinas 749-751. Smith, P. (2012). "Zabriskie, Andrew Christian". En American Numismatic Biographies. Páxina 455.

Van Alen, J. M. (1900). "Captain Andrew C Zabriskie". En History of Bergen Country, New Jersey. Nova York. Páxinas 157-159.

Categoría:Nados en 1853 Categoría:Finados en 1916 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:American Numismatic Society Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Militares dos Estados Unidos de América Categoría:Políticos do Partido Demócrata dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia