Manuel Pozueta Rodríguez, nado en Santander o 9 de setembro de 1996, é un árbitro de fútbol español, que milita na Primeira División RFEF.

Traxectoria Comezou a arbitrar partidos de fútbol con só 11 anos. Pasou por Primeira Rexional, Rexional Preferente e Terceira División, categoría esta última na que traballou durante tres anos. Arbitrou na Segunda División B entre 2017 e 2021, momento no que pasou a dirixir encontros da nova Primeira División RFEF.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do árbitro en BDFutbol .

Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1996 Categoría:Árbitros de fútbol de España Categoría:Personalidades sen imaxes