Joshua Whitehead, nado o 5 de xaneiro de 1989, é un poeta e novelista dous espíritos das Primeiras Nacións do Canadá."Why Joshua Whitehead wants to recentre Indigenous characters with his cyberpunk-infused poetry". CBC Books, 1 de novembro de 2017. Empregou a lingua cree en parte da súa obra poética.

Traxectoria Whitehead é un membro do pobo ojibwa-cree da Primeira Nación Peguis de Manitoba,"Poet Joshua Whitehead redefines two-spirit identity in Full-Metal Indigiqueer". Unreserved, 17 de decembro de 2017. Comezou a publicar poesía mentres realizaba estudos de licenciatura na Universidade de Winnipeg."Indigiqueer storyteller Joshua Whitehead turns hope and frustration into literature". This Magazine, 3 de abril de 2018.

Despois de comezar os estudos de posgrao en literatura indíxena na Universidade de Calgary, Talonbooks publicou a súa primeira colección de poesía Full-Metal Indigiqueer en 2017. O libro recibiu un nomeamento ao Premio Literario Lambda para Poesía Transxénero na 30ª edición de 2018, aínda que Whitehead retirou o libro da consideración xa que a categoría era unha terxiversación da súa identidade como dous espíritos, ao non ser unha persoa transxénero."Joshua Whitehead: Why I’m Withdrawing From My Lambda Literary Award Nomination". The Insurgent Architect's House, 14 de marzo de 2018.

A súa primeira novela, Jonny Appleseed, foi publicada por Arsenal Pulp Press en 2018."6 new Canadian books to watch for in April". CBC Books, 4 de abril de 2018. Ese mesmo ano, foi finalista do Premio Dayne Ogilvie para escritores LGTBQ canadenses,"Ben Ladouceur, Trish Salah, and Joshua Whitehead named Dayne Ogilvie Prize finalists". Quill & Quire, 17 de maio de 2018. e o libro foi nomeado como candidato á lista longa para o Premio Scotiabank Giller de 2018"Esi Edugyan, Patrick deWitt, Tanya Tagaq among 12 authors longlisted for 2018 Scotiabank Giller Prize". CBC Books, 17 de setembro de 2018. e un finalista preseleccionado para o Premio Governor General de ficción en inglés de 2018"Miriam Toews, Rawi Hage in running for $25,000 Governor General’s fiction prize". Toronto Star, 3 de outubro de 2018. e o Premio Amazon.ca de 2019."Tanya Tagaq, Ian Williams among finalists for $60,000 Amazon Canada First Novel Award". Toronto Star, 26 de abril de 2019. O libro gañou o Lambda Literary Award for Gay Fiction na 31ª edición dos premios."Canadians win three Lambda awards for LGBTQ writing". Toronto Star, 4 de xuño de 2019. Jonny Appleseed gañou o Canada Reads de 2021, presentados por Kawennáhere Devery Jacobs."Devery Jacobs, championing Jonny Appleseed by Joshua Whitehead, wins Canada Reads 2021". CBC Books, 11 de marzo de 2021.

Love After the End: An Anthology of Two-Spirit and Indigiqueer Speculative Fiction, unha antoloxía editada por Whitehead, foi a gañadora do Lambda Literary Award for LGBTQ Anthology en 2021.Jane Henderson, "Lambda Literary Awards announce winners". St. Louis Post-Dispatch, 1 de xuño de 2021. Os escritores incluídos na antoloxía foron Nathan Niigan Noodin Adler, Darcie Little Badger, Gabriel Castilloux Calderon, Adam Garnet Jones, Mari Kurisato, Kai Minosh Pyle, David Alexander Robertson, jaye simpson e Nazbah Tom.Vicky Qiao, "Indigenous anthology Love After The End wins Lambda Literary Award". CBC Books, 2 de xuño de 2021.

Notas

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Escritores en lingua cree Categoría:Activistas LGBT do Canadá Categoría:Alumnos da Universidade de Winnipeg Categoría:Alumnos da Universidade de Calgary