Henri Longuet (ás veces escrito Henry), nado en Grandville, Aube o 7 de agosto de 1887 e finado en Mulhouse, Alto Rin, o 22 de marzo de 1963, foi un médico militar e numismático francés.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Henri Longuet naceu o 7 de agosto de 1887, fillo de Lucie Émilie Claire Camus e do oficial Antoine Longuet, que estaba destinado en Grandville, Aube.Zuber, P-R. (1964). Páxina 9.
Henri quedou orfo de pai sendo un neno, e a súa nai enviouno a cursar o ensino secundario no liceo militar de La Flèche (Prytanée de la Flèche), nos Países do Loira, para se formar para a carreira militar, seguindo os pasos do seu pai. Posteriormente cursou estudos superiores de Medicina na Escola de Medicina de Angers, onde se introduciu na Oftalmoloxía, e tamén na Escola de Sanidade Militar de Lión,Oberlé, R. "Longuet, Henri". En Nouveau dictionnaire de biographie alsacienne. Federation des Sociétés d'Histoire & d'Archeologie d'Alsace (Alsace-histoire.org).Simon, R. (1963). Páxina 147. onde se graduou en 1910.Zuber, P-R. (1964). Páxina 10.
Médico civil e militar Logo dun período formativo dun ano no hospital Val-de-Grâce, de París, en 1913 foi nomeado axudante maior do 8º Rexemento de Artillaría de Nancy, como médico auxiliar, e ese mesmo ano contraeu matrimonio.
Na primeira guerra mundial, combateu entre 1914 e 1918 no corpo de Infantaría. O seu servizo fíxoo acredor da Cruz de Guerra, con cinco condecoracións, e tamén foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra. Logo do armisticio de 1918 foi destinado á misión militar francesa en Berlín.Zuber, P-R. (1964). Páxina 11.
En 1921, Longuet pasou á reserva do exército e estableceuse como oftalmólogo en Mulhouse, na Alsacia, a cidade natal da súa muller.
Co estoupido da segunda guerra mundial foi mobilizado en 1939, co grao de tenente coronel, e foi prisioneiro dos alemáns entre xuño de 1940 e xaneiro de 1941. Tras a súa liberación non puido volver á Alsacia, xa que estaba en poder dos Nazis, e trasladouse a París, onde traballou como xefe do Departamento de Oftalmoloxía do hospital Val-de-Grâce. A súa participación na segunda contenda mundial valeulle novamente a concesión da Cruz de Guerra.
En 1945 volveu ao servizo activo nas forzas armadas como xefe da sección médica da Comisión Militar Interaliada de Control, na capital Austríaca. Alí os seus servizos foron recoñecidos coa concesión do título de membro honorario da Universidade de Viena.
Finalizada a guerra, en 1947 foi desmobilizado e volveu á súa residencia familiar de Mulhouse, onde retomou a súa carreira como oftalmólogo civil. Ese mesmo ano concedéuselle o grao de Comendador da Lexión de Honra.
Numismático
Longuet foi un recoñecido coleccionista de moedas antigas e un erudito numismático. As súas investigacións deron lugar á publicación de numerosos artigos en revistas especializadas de Francia e doutros países, sinaladamente no Bulletin de la Société industrielle de Mulhouse, en Revue numismatique, en Cahiers d'Archéologie et D'histoire d'Alsace, en Numismatische Zeitschrift e en Revue belge de numismatique."Bibliographie". En Zuber, P-R. (1964). Páxina 12. En 1961 publicou en Londres o seu único traballo monográfico sobre tema numismático, titulada Introduction a la numismatique byzantine,Longuet, H. (1961). Introduction a la numismatique byzantine. Spink and Son, LondresRecensión do libro, por Cécile Morrison. En Revue Numismatique. 1963. 5. Páxinas 186-187. cuxa redacción comezara xa durante a súa etapa militar en Viena.Simon, R. (1963). Páxina 148.
En Mulhouse, Longuet reactivou o preexistente Círculo Numismático da Alsacia. Tamén foi un membro destacado da Sociedade Francesa de Numismática,Simon, R. (1963). Páxina 147. entidade que presidiu durante tres períodos:Zuber, P-R. (1964). Páxina 12. de 1946 a 1947, de 1948 a 1949 e de 1951 a 1953.Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxina 24."Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
A súa colección numismática, especializada na moeda do Imperio Bizantino foi vendida nunha poxa pública celebrada en París en 1970 pola casa de poxas PLATT."Longuet, Henri (1887-1963; Mulhouse, Alsace)". En Grierson, P. (1999). Catalogue of the Byzantine Coins in the Dumbarton Oaks Collection and in the Whittemore Collection. Volume Five. Michael VIII to Constantine XI, 1258-1453. Part II. Dumbarton Oaks Research Library and Collection, Washington. Páxina 292. ISBN 0-88402-261-7
Vida persoal Henri Longuet casou o 24 de xuño de 1913 con Lucie Steinbach. A súa muller pertencía a unha antiga familia de Mulhouse, cidade onde o matrimonio se estableceu e onde naceron as súas tres fillas.
En Mulhouse, Longuet exerceu como membro da corporación municipal desde 1948 ata a súa morte, aos 75 anos, o 22 de marzo de 1963.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Longuet, Henri ( -1963)". En Mitteilungen der Osterreichischen Numismatischen Gesellschaft. Vol. 13. Nº 3. 1963. Páxina 24 Simon, R. (1963). "Le Docteur Henri Longuet 1887-1963". En Cahiers Alsaciens d'Archeologie d'Art er d'Histoire. VII. Estrasburgo. Páxinas 147-148. Zuber, P-R. (1964). "Hommage au Dr Longuet". En Bulletin du Musée historique de Mulhouse. Tomo LXXII. Páxinas 9-12.
Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Nados no departamento de Aube Categoría:Médicos de Francia Categoría:Militares de Francia Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Coleccionistas Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática