San Xián de Veiga é unha parroquia da Pobra do Brollón anexa á de Santalla de Rei na provincia de Lugo. Pertence o arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE, en 2025 tiña 33 habitantes (16 homes e 17 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 39 habitantes.

Está delimitada polas parroquias de Pino e A Ferreirúa ao norte, Ferreiros ao leste, Santalla de Rei ao sur, e Pino ao oeste. A parroquia de Veiga está bañada polas augas de 2 ríos: o Cabe, que nace en Fontes, no concello do Incio, e o Picarrexo, afluente do Cabe e que desemboca na mesma parroquia.

Patrimonio artístico Igrexa románica de San Xián: data da segunda metade do século XII con naves ábsidas semicirculares, muros de cachotaría, tres arquivoltas semicirculares, canzorros lisos, estela con Flor de lis e, no interior, retablo barroco do século XVIII, esculturas e campanario con espadana de catro vans. Granxa de Robles: Foi propiedade de José María Gil Robles, que a vendeu o Estado no ano 1949 formando parte do servizo de mellora do gando vacún e prados do Plan Agrícola Galego.

Festividades As festas da parroquia celébranse no mes de xuño na honra o Corpus Christi. A festa non se celebrou durante moitos anos, máis de 50, pero hai poucos anos retomouse a festa, por decisión dos veciños. Durante os anos que non había festa celebrábase a Santa Lucía de Santalla de Rei.

Lugares e parroquias Lugares de Veiga

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Biografía

Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Páxina de San Xián de Veiga

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xián