San Salvador de Ferreiros é unha parroquia da Pobra de Brollón, na comarca de Terra de Lemos. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o INE, en 2025 tiña 35 habitantes (13 homes e 22 mulleres), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 65 habitantes.En 1991 tiña 106 habitantes.

Limita ao norte coas parroquias da Ferreirúa, San Pedro do Incio e Trascastro polo norte, Saa polo leste, Saa e Castrosante polo sur, e Veiga polo oeste.

Historia A primeira noticia documental que temos sobre esta parroquia data do 18 de abril de 1181 cando Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde Hospitalaria de San Xoán. Así mesmo, Martín Pérez, el Mosero, ofreceu á Igrexa de Santa María de Lugo e ao seu bispo o dereito de padroado que lle pertencía en San Salvador de Ferreiros, en compensación do sacrilexio que cometera ao violar a Igrexa de Lóuzara.

Patrimonio artístico Igrexa de San Salvador. Conserva restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é de nave ábsida rectangular, porta con arco de medio punto que oculta o tímpano, canzorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI. Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santísimo, san Sebastián e santa Lucía. Casa de Díaz: Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a reitoral. As dúas casas puideron pertencer ó igrexario. O Mosteiro: Cenobio feminino pertence á Orde de San Xoán de Hospital, en cuxa lembranza queda a igrexa parroquial de San Salvador de Ferreiros, do arciprestado de Santalla de Rei. Entre as xentes do lugar perdura a tradición do mosteiro. Capela de Santa María Madanela, no lugar da Veneira de Roques.

Festividades Festas do Ecce Homo: o 14 de setembro, pero celebrada actualmente o 10 de agosto. Festas do San Brais: celebradas antigamente pero que aínda persisten, o 3 de febreiro.

Lugares e parroquias Lugares de Ferreiros

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Páxina de Ferreiros

Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Salvador