"Ágora" é tamén o nome dunha colección da editorial Galaxia. miniatura|Restos da ágora ateniense da época romana. Unha ágora era a praza pública das cidades da Grecia antiga, que servía de mercado e nela celebrábase a asemblea de cidadáns da polis, tamén se utilizaban para festivais relixiosos, xogos atléticos, adestramento militar, representacións teatrais e para realizar actos de ostracismo.Mabel L. Lang e John McK. Camp The Athenian Citizen: Democracy in the Athenian Agora. American School of Classical Studies at Athens, 2ª ed, 2004, p. 5. Os seus límites viñan marcados por grandes pedras, ás veces coa inscrición Eu son o límite da ágora. A máis famosa era a ágora de Atenas. Xurdiron trala caída da civilización micénica e no século VIII a.C. xa estaban totalmente consolidadas como o centro da vida pública.

Notas

Agora