San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca de Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei.
Segundo o INE, en 2025 tiña 50 habitantes (25 homes e 25 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 68 habitantes. En 1991 tiña 132 habitantes.
Xeografía Limita ao norte coas parroquias de Pino e Santalla de Rei, ao sur con Cereixa, ao leste con Castrosante e ao oeste coa Parte e Fornelas.
O río Cabe atravesa a aldea procedente de Santalla de Rei, e separa as entidades de Barrio de Arriba, A Lama e A Vila, de Alende, A Nogueira e O Porto. A parroquia ten un gran desnivel, dividindo en dous. Arriba está o Barrio de Arriba e parte da Vila e abaixo as demais entidades.
Historia Esta parroquia pertenceu durante a idade media ao condado de Lemos. Aparece nos documentos medievais baixo a grafía de Eijión.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Xurxo, de época neoclásica, ten unha nave de planta rectangular, muros de cachotaría, cuberta a dúas e catro augas con tellado de lousa. Na fachada ten un fornelo coa imaxe de San Xurxo, unha ventá rectangular e está coroada por un frontón. Posúe tamén unha torre cadrada e conserva no interior retablos e esculturas do século XVIII.
Festividades Festas de San Xurxo: patrón da parroquia, o 23 de abril. Festas de San Bartolomé: o último domingo de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Eixón
Parroquias da Pobra do Brollón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares da Pobra do Brollón Ligazóns externas Páxina de Eixón
Categoría:Parroquias da Pobra do Brollón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo