Manuel Anxo Camaño Fandiño, máis coñecido como Manolo Camaño, nado en Cangas de Morrazo en 1960, é un sindicalista e activista galego.

Traxectoria Na segunda parte da década de 1990 foi voceiro da Asemblea de Mariñeiros en Loita d'O Morrazo, organización que aglutinaba boa parte dos mariñeiros da bisbarra afectados polo conflito entre a UE e Marrocos sobre os dereitos da frota dos primeiros a faenar nos caladoiros saharauis. No marco destas protestas, Camaño foi encausado xunto con outros sindicalistas.

En 1999 foi elixido secretario xeral do sindicato Central Unitaria de Traballadores (CUT), creado o ano anterior. Permaneceu no cargo ata o IV Congreso Nacional da CUT, celebrado no ano 2009.

Posteriormente ocupou diversos cargos organizativos no sindicato, sendo membro de Executiva Nacional e responsable de Relacións Internacionais.

Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Sindicalistas de Galicia