Covadelas é unha aldea pertencente a parroquia de Saa, no concello da Pobra do Brollón. Estivo deshabitada durante anos pero hai 10 anos comezou a súa repoboación. En 2008 tiña 20 habitantes (10 homes e 10 mulleres).
Está situada a 800 m de altitude nunha zona de alta montaña. Accédese por unha estrada que ven da Pobra do Brollón e sobe desde A Pousa. Antes de chegar á Veneira hai o desvío a Covadelas.
Patrimonio Dos catro muíños que chegou a ter a aldea consérvanse o de Maceda e O Coxo. Ambos eran de depósito, polo que non dependían realmente do caudal do río. Na estiaxe, un depósito de auga xunto ás construcións permitía seguir moendo. O de Maceda, construído en 1899, deixou de moer fai moitos anos. O muíño do Coxo, en cambio, mantense hoxe en bo estado. O río forma á súa altura unha pequena fervenza e un pouco máis abaixo volve precipitarse nunha espectacular caída de vinte metros.
Tamén se conserva o colexio que se utilizou ata os anos 70.
Festividades
Cada 27 de agosto celébrase a romaría do San Vitoiro.
Lugares e parroquias Lugares de Saa
Parroquias da Pobra do Brollón
Véxase tamén Ligazóns externas Fotos de Covadelas
Categoría:Lugares da Pobra do Brollón